31/05/11

En La opinión A Coruña (31/05/2011)

CSIF y CIG ganan las elecciones sindicales en el Concello de Betanzos

Los representantes de los trabajadores advierten de la necesidad de actualizar la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) y el convenio colectivo

La Central Sindical Independiente y de Funcionarios (CSIF) y la Confederación Intersindical Galega (CIG) han ganado las elecciones sindicales en el Concello de Betanzos y serán los sindicatos mayoritarios en la junta de personal y el comité de empresa, respectivamente.

En las elecciones al comité de empresa, el órgano que representa y defiende al personal laboral del Ayuntamiento, la CIG, que se presentaba por primera vez, obtuvo ayer cinco delegados sindicales y la Unión General de Trabajadores (UGT), cuatro.

La participación fue muy alta y los resultados muy igualados. Así, en una de las dos mesas electorales, la de especialistas no cualificados, de los 53 trabajadores censados votaron 49.

Fue la mesa, además, en la que se decidieron las elecciones, ya que en ella se escogían cinco delegados y la CIG logró tres y la UGT, dos. En la otra mesa, la de técnicos y administrativos, se seleccionaban cuatro representantes sindicales y la CIG y UGT empataron a dos delegados.

Finalmente, la CIG logró ser el sindicato mayoritario en el comité de empresa por tan sólo cinco votos de diferencia, según informó ayer uno de los integrantes de la candidatura de UGT, José Luis Sobrino. En las elecciones a la junta de personal, celebradas el pasado 4 de mayo, el sindicato CSIF obtuvo dos delegados y Comisiones Obreras (CCOO), uno, por lo que al igual que en las elecciones al comité de empresa, CSIF ganó por tan sólo un delegado de diferencia.

Entre las reclamaciones que la UGT considera básicas se encuentra la actualización de la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) y el convenio colectivo, dos documentos que se han quedado "desfasados", como comenta Sobrino, así como la firma de un plan de pensiones, el reconocimiento de la antigüedad (trienios) y la mejora de los salarios.

Según recuerdan desde la UGT -que ha creado un perfil en Facebook, UGT Concello Betanzos, y un blog- trabajadores y Concello habían acordado aprobar un plan de pensiones para los trabajadores. Ante el incumplimiento del compromiso, los empleados municipales recurrieron a los tribunales y hay una sentencia firme y sin ejecutar que obliga al Ayuntamiento a firmar dicho plan con una entidad bancaria. Lo que pretenden ahora los delegados de los trabajadores laborales es que ese documento se rubrique y se aplique, para lo que contactarán con los representantes de los funcionarios, ya que es una medida que afecta a ambos colectivos.

La UGT también recuerda que la alcaldesa en funciones, María Faraldo, se había comprometido con el personal laboral a aprobar una subida salarial de unos 125 euros que "quedó en nada", a pesar de que la propuesta partió de la misma Alcaldía. Por otro lado, los sindicatos desconocen todavía con quién les tocará negociar, a la espera de si habrá o no un pacto de gobierno o si el PP gobernará en minoría.






NOTA: Nesta nova hai algunha inexactitude, cando se refire ás eleccións do persoal laboral, efectivamente a diferenza no colexio de persoal especialista e non cualificado foi de cinco votos, gañando un delegado máis a CIG, mais a diferenza de votos no caso do colexio de persoal técnico e administrativo foi maior, xa que a CIG obtivo 19 votos fronte a 13 de UGT, a pesar de que non deu para un delegado máis. A CIG, pois, presentando por primeira vez candidatura, obtivo maioría de votos nos dous colexios.

En El Ideal Gallego (31/05/2011)

Betanzos - La CIG denuncia “desigualdades” entre el personal laboral de la administración



La CIG (Confederación Intersindical Galega) representará por primera vez al personal laboral del Ayuntamiento de Betanzos. La central nacionalista obtuvo cinco (dos técnicos y tres especialistas) de los nueve representantes elegidos ayer por los trabajadores de la administración municipal en la elecciones sindicales. La UGT, que hasta ahora era el grupo mayoritario, logró cuatro delegados.




Desde la CIG indicaron que, una vez completados los trámites, solicitarán al consistorio “toda a documentación” para, de forma inmediata, “erradicar as desigualdades que existen no persoal laboral fixo”. En una fase posterior, que no debería demorarse demasiado, iniciarán las negociaciones de un nuevo convenio colectivo.




“Hai moitos casos particulares e unhas casuísticas moi especiais”, indicó Silvia Muiño Naveira, que opta a la presidencia del comité.




El programa de la CIG incidía en “defender con firmeza nas mesas de negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e funcionario, sobre a base da homologación e non discriminación das condicións de traballo”.




En cuanto al nuevo convenio, los nacionalistas llaman la atención sobre la oportunidad de una negociación real y efectiva “co criterio de mínimos do Estatuto Básico dos Empregados Públicos”.




Objetivos UGT > Por parte de UGT, representada por José Luis Sobrino, se priorizaron hasta cuatro objetivos: actualizaciones de la Relación de Puestos de Trabajo (RPT) y del convenio, ejecución del plan de pensiones, reconocimiento de trienios y recuperación y mejora del poder adquisitivo.




La campaña previa a las elecciones celebradas ayer fue una de las más reñidas e intensas de los últimos años, con información a través de internet y las redes sociales y folletos que los distintos sindicatos repartieron entre el personal. En total, 103 trabajadores estaban llamadas a las urnas.




La votación se dividió en dos mesas: técnicos y especialistas. En la primera se registró un empate entre CIG y UGT, mientras que en la segunda, la balanza se inclinó a favor de los nacionalistas, que obtuvieron tres de los cinco delegados.




Funcionariado > Los funcionarios votaron hace casi un mes, el 4 de mayo. CSI-CSIF, que también concurría por primera vez en el Ayuntamiento de Betanzos, venció tras obtener dos delegados, frente a un único representante que consiguió CC OO.




Los sindicatos brigantinos señalaron que, con las votaciones de ayer, se inicia una nueva etapa en el Ayuntamiento de Betanzos, donde el diálogo deberá ser clave desde el primer minuto.

No Xornal de Betanzos (31/05/2011)

A CIG gaña as sindicais no Concello de Betanzos


O persoal laboral do Concello de Betanzos estaba chamado onte a elixir aos seus representantes sindicais. En total, dos nove postos en xogo a Confederación Intersindical Galega (CIG) fíxose con cinco delegados, deixando os catro restantes para a UGT. Ata o momento este último grupo era o maioritario e a CIG non concorrera. A cabeza de lista da CIG, Silvia Muíño, aspira a presidir o comité de empresa.


A CIG aspira a rematar coas desigualdades existentes entre o persoal laboral fixo e defender con firmeza nas mesas de negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e funcionario, sobre a base da homologación e non discriminación das condicións de traballo.


O persoal funcionario votou o pasado 4 de maio para repartir os 3 postos de delegados. O CSIF fíxose con dúas prazas e CC.OO. coa outra. CSIF tamén era a primeira vez que se presentaba aos comicios sindicais, desbancando a CC.OO.

30/05/11

Abrindo camiños, voceiro impreso da CIG do Concello de Betanzos maio 2

MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!

Dende a CIG do Concello de Betanzos queremos darvos as grazas polo voso apoio nas eleccións sindicais que tiveron lugar no día de hoxe. Grazas a ese apoio o novo Comité de empresa contará coa maioría da Confederación Intersindical Galega e poderá trazar novos camiños de actuación na defensa do persoal laboral do Concello de Betanzos.

As compañeiras e os compañeiros que resultaron elixidos como delegados da CIG e que a partir da súa constitución serán membros do Comité de empresa son os seguintes:

1. Silvia Muíño Naveira

2. Mónica Núñez Vales

3. Jorge Amarante Rodríguez

4. Raquel Fernández Rodríguez

5. Marcos Dopico Sánchez



A partir de agora Silvia, Mónica, Jorge, Raquel e Marcos representaranvos como delegados da CIG e estarán ao voso dispor para calquera dúbida, consulta ou problema. Proximamente constituirase o novo Comité de empresa e manterémosvos informados, mais entre as primeiras accións da CIG estará solicitar toda a documentación que afecta ao persoal laboral, tanto os acordos, como o estado das negociacións ou a Relación de Postos de Traballo para así comezar a planificar o traballo e as prioridades desta nova etapa que se inicia grazas ao voso apoio.

Agora comeza o traballo!

Moitísimas grazas a todo o persoal laboral que nos apoiou, e en especial ao que formou parte da candidatura, porque grazas a vós poderemos abrir novos camiños!

28/05/11

Aviso



Xa queda menos para o luns e simplemente queríamos lembrar que a votación das eleccións sindicais do persoal laboral do Concello de Betanzos será no 1.º andar do edificio Liceo entre as 11:00 h e as 14:30 h para os dous colexios, o do persoal técnico e administrativo e o do persoal especialista e non cualificado.


Boa fin de semana!
O 30 de maio vota á CIG porque estamos abrindo camiños!

26/05/11

300 visitas!

Dende a CIG do Concello de Betanzos queremos agradecer os ánimos de moitos traballadores e traballadoras que dende os distintos departamentos municipais están a apoiar o cambio de rumbo na representación sindical deste Concello. Hoxe, cunha escasa semana de vida, este blogue xa conta con 300 visitas e iso é boa mostra de que estamos no camiño correcto, no camiño da información ao persoal que ata o momento sempre foi máis ben escasa ou mesmo inexistente, porque os sindicatos con representación ata o momento non o consideraban adecuado.

Boa proba de que mudamos as dinámicas con só presentar a candidatura e abrir novas canles de comunicación é que, tal e como nos comentaron diversos compañeiros, a UGT sumouse ao carro das novas tecnoloxías e grazas á iniciativa anterior da CIG creou un blogue, un enderezo electrónico e mesmo achegou propostas do propio programa da CIG na súa publicidade. Iso demóstranos que estamos no bo camiño, que as propostas e inciativas da CIG son interesantes e logo de levar anos e anos sen ninguén que defenda o persoal deste Concello, chegan novos e mellores tempos e quen non fixo nada anda a prometer.


Moitas grazas a todo o persoal que apoia o cambio porque se vós non sería posible, o cambio está nas vosas mans o vindeiro luns 30 de maio, a CIG ten un compromiso de traballo para o Concello de Betanzos e as persoas que formamos a candidatura temos a ilusión de mudar as cousas, por iso, andamos abrindo camiños e pedimos o voso apoio para un cambio de rumbo na representación sindical do persoal laboral do Concello de Betanzos.


O 30 de maio vota á CIG!

25/05/11

O convenio do persoal laboral

O convenio colectivo vixente do persoal laboral do Concello de Betanzos é o que se publicou no BOP (Boletín Oficial da Provincia) n.º 7 do martes 10 de xaneiro de 2006. Podédelo consultar premendo aquí.

Como sabedes xa hai bastante tempo que os membros do Comité de Empresa actual dicían que andaban a negociar un novo convenio mellorado, mais chegan unhas novas eleccións sindicais e o persoal laboral segue con este convenio de 2006 que é claramente superable. Dende a CIG, no caso de acadarmos representación no Comité de Empresa do persoal laboral do Concello de Betanzos, comprometémonos a traballar por defender nas mesas a negociación dun novo convenio e a súa aplicación a todo o persoal laboral.

O 30 de maio, vota á CIG porque estamos abrindo camiños!




23/05/11

Abrindo Camiños



Queda xa cada vez menos para o día 30 e por iso ao longo desta semana achegarémonos a todos os departamentos do Concello para darvos a coñecer as propostas da CIG para o Concello de Betanzos e aproximar ao persoal o noso de proxecto de traballo para esta Administración local.

Pouco a pouco iremos desmiuzando as propostas tamén neste blogue, que agardamos que chegue a ser un punto de encontro virtual entre os traballadores e traballadoras de todos os departamentos do Concello e supoña a achega de información de que tanto de carecía ata este momento o persoal do Concello de Betanzos. Dende a CIG intentaremos mudar esas dinámicas e crear novas canles para vos transmitir todas cantas novidades se produzan en materia laboral nesta Administración.

O 30 de maio vota á CIG, porque estamos abrindo camiños.

Esta é a proposta e o compromiso de traballo da CIG no Concello de Betanzos

As persoas que formamos a candidatura da CIG nestas eleccións sindicais adquirimos de antemán o compromiso de defender con firmeza nas Mesas de Negociación acordos colectivos únicos para persoal laboral e funcionario (fixo e temporal), sobre a base da homologación e non discriminación nas condicións de traballo, que recollan as seguintes reivindicacións:

ACCESO E PROVISIÓN DE POSTOS
• Acceso ás prazas con respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade.
• Provisión de postos de traballo mediante concurso de méritos.
• Consolidación de emprego temporal: conversión en prazas fixas de contratos interinos efou temporais en postos de traballo de natureza permanente.
• Cobertura dos postos vacantes na Relación de Postos de Traballo.
PROMOCIÓN INTERNA
• Definición das función s de traballo na Relación de Postos de Traballo, e creación de prazas de promoción interna, nos casos de desempeño de funcións de superior categoría.
• Desaparición das agrupacións profesionais e transformación en prazas do grupo C2.
• Creación efectiva do novo grupo B do Estatuto Básico do Empregado Público.
LOITA CONTRA AS DISCRIMINACIÓNS
• Igualdade de dereitos para todos os traballadores e traballadoras da administración como recoñece o Estatuto Básico do Empregado Público.
• Recoñecemento da antigüidade na empresa.
• Acceso ás axudas sociais para todos os traballadores e traballadoras do Concello.
NOVO CONVENIO
• Negociación real e efectiva dun novo convenio co criterio de mínimos do Estatuto Básico dos Empregado Público.
• Aplicación real do convenio á totalidade do persoal.
CONDICIÓNS SALARIAIS
• Recuperación da perda do poder adquisitivo derivada da redución salarial e inclusión de cláusulas de garantía salarial.
• Revisión dos niveis e negociación dos complementos específicos, con valoración do traballo festivo, nocturno e con distorsión horaria.
• Consolidación en nómina dos salarios diferidos en forma de fondos de pensións privados.
• Axudas de custo en contía igual para todos os grupos.
FONDO SOCIAL
• Transparencia na convocatoria e na resolución das axudas do Fondo Social do Concello.
• Distribución das axudas sociais conforme . a un sistema que beneficie a quen máis o necesite.
• Creación dun regula mento para a distribución das axudas do Fondo Social do Concello.
XORNADA E CALENDARIOS
• Aplicación da xornada semanal máxima de 35 horas.
• Calendarios anuais e con rotación nos servizos por quendas, con dúas fins de semana libres ao mes polo menos.
PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
• Aplicación da Lei de prevención de riscos laborais. Designación de delegados de prevencion e constitución dos comités de seguridad e e saúde laboral.
• Plans de prevención de riscos laborais.
CONTRA A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS PÚBLICOS
• Xestión directa dos servizos municipais. Oposición á taxa de reposición de efectivos, que favorece a privatización dos servizos públicos.
• Oposición á privatización de calquera servizo municipal.

TRIPTICO EN PDF

18/05/11

Comeza a andaina!

O próximo 30 de maio o persoal laboral do Concello elixe os seus representantes sindicais, e, por tanto, os compañeiros e as compañeiras que formarán o Comité de empresa durante os próximos catro anos. Desta volta e por vez primeira a Confederación Intersindical Galega presenta candidatura no Concello de Betanzos para os dous colexios do persoal laboral, o colexio de persoal técnico e administrativo e o colexio de persoal especialista e non cualificado. Once compañeiras e compañeiros que forman parte desta candidatura e con ganas de traballar por mellorar a representación sindical no Concello de Betanzos e a situación do persoal laboral nesta Administración.

O 30 de maio vota á CIG!



Descarga en PDF o triptico cos compromisos de traballo da CIG no Concello de Betanzos
Compromisos de traballo da CIG do Concello de Betanzos

Candidatura da CIG

COLEXIO DE PERSOAL TÉCNICO E ADMINISTRATIVO


  1. SILVIA MUÍÑO NAVEIRA (Servizos Xerais)


  2. MÓNICA NÚÑEZ VALES (Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico)


  3. VANESSA PENA PAN (Gardaría Municipal)


  4. MARTA CASTAÑO NEIRA (Servizos Sociais)

SUPLENTE


  1. JUAN CARLOS CASAL MUÍÑO (Conservatorio de Música)


COLEXIO DE PERSOAL ESPECIALISTA E NON CUALIFICADO


  1. JORGE AMARANTE RODRÍGUEZ (Grumir)


  2. RAQUEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ (Servizo de Limpeza)


  3. MARCOS DOPICO SÁNCHEZ (Conserxe Casa Consistorial


  4. MARIA ANTONIA RODRÍGUEZ MUÍÑO (Servizo de Limpeza)


  5. MARIA ELVIRA RODRÍGUEZ MUÍÑO (Servizo de Limpeza)

SUPLENTE

1. JOSÉ FRESCO BERMÚDEZ (Conserxe Conservatorio)

17/05/11

Benvid@s!

Dende a CIG do Concello de Betanzos abrimos esta xanela ao mundo ao momento que iniciamos a nosa andaina neste Concello betanceiro.

Agardamos que este espazo resulte de utilidade para todos os compañeiros e compañeiras do Concello que desexen estar ao día do que está a acontecer neste no que ten a ver co persoal.



Sen dúbida non poderiamos iniciar a andaina neste camiño sen a colaboración da Unión Comarcal da Coruña da Confederación Intersindical Galega, e, como non, de todas as compañeiras e compañeiros que apoiaron e apoian a CIG neste Concello dende que a necesidade dun cambio nos nosos representantes sindicais e os sindicatos maioritarios ata este momento no Concello comezou a coller forzas.



O cambio de rumbo na representación sindical do Concello de Betanzos está nas nosas mans, e dende a CIG traballaremos arreo pola mellora da situación laboral de todos os traballadores e traballadoras desta Administración local.