A pesar de que están sendo moitos os esforzos dos delegados sindicais por lle dar un pulo ao tema da seguridade no traballo e da saúde laboral o goberno municipal teima en deixar estas cuestións de lado e segue dilatando as reunións correspondentes. Isto non é o peor, tal e como lle transmitiu a representación do Comité de Empresa ao concelleiro de Persoal, o peor é a ineficacia, falta de información e de avances na cuestión dificultada por unha mutua que entendemos que ten unha xestión deficiente cando menos con este Concello porque chega a compromisos de envío de informacións nas reunións correspondentes do Comité de Seguridade e Saúde que non é quen nin de cumprir en tres meses. Non obstante, o Concello de Betanzos é o que ten contratada a mutua, por tanto, a responsabilidade última é do goberno municipal por seguir permitíndolle á mutua contratada os continuos incumprimentos. Ademais, moitos compañeiros se teñen queixado da pésima xestión no caso das baixas, polo que este é un tema que vén de lonxe e que non ten a ver só co tratado nos Comités de Seguridade e Saúde Laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario