A CIG rexistrou onte unha serie de achegas ás bases para a cobertura dunha praza de pratrón inexistente na RPT que o Concello publicou a semana pasada. Cómpre sinalar que desde hai catro anos sempre nos vemos na obriga de rexistrar as nosas apreciacións con posterioridade á publicación das bases porque o Concello non facilita a documentación con anterioridade e para o concelleiro de Persoal informar sobre as convocatorias significa avisar que saen no BOP o mesmo día que se publican.
Amosando publicacións coa etiqueta emprego público b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emprego público b>. Amosar todas as publicacións
26/06/15
A CIG achégalle por rexistro ao Concello que rectifique as bases de patrón e as adecúe á lexislación vixente
09/06/15
Máis problemas cos tribunais dos procesos selectivos, incumprimento da lexislación en materia de composición, tramitación e indemnizacións
Nos pasados días o Concello publicou a composición do tribunal da praza de psicólogo/a con carácter temporal que está en proceso. O tema dos tribunais xa foi posto en cuestión en varias ocasións tanto pola Sección sindical da CIG como polo Comité de Empresa na medida en que o Concello sempre carga ao mesmo persoal con esta responsabilidade e sorprendentemente outro persoal de idéntica categoría e titulación nunca é designado para ningún tribunal.
Se a isto lle sumamos que este goberno municipal non lle paga aos membros dos tribunais as indemnizacións correspondentes cando mesmo se teñen reunido fóra do horario laboral ou mesmo ter que asistir durante as vacacións, hai un claro incumprimento da lexislación vixente, mesmo logo de se ter rexistrado solicitudes ao respecto.
Desde a CIG convidamos ao goberno a que renuncie ás indemnizacións por asistencia a Plenos e Xuntas de Goberno toda vez que se nega a lle pagar as indemnizacións ao persoal laboral, aquí ou cobramos todos o que indica a lexislación ou que non cobre ningún, mais é un absoluto cachondeo que o goberno cobre o que lle corresponde puntualmente mais canto se trata dos traballadores llo negue pola vía da non resposta cando ata a chegada deste goberno municipal, segundo nos indicaron varios compañeiros, si que se cobraban, tal e como indica a norma, as indemnizacións por asistencia a tribunais. Este é, pois, un problema creado por este goberno que antes non existía, e que pretende recortarlle dereitos ao persoal mediante a non aplicación da lexislación vixente.
A maiores, prodúcese un incumprimento da Lei 2/2015 do emprego público de Galiza no relacionado co nomeamento do tribunal, posto que todos os membros deben pertencer ao mesmo corpo, escala ou categoría profesional que o posto que vai ser avaliado polo tribunal e isto podería supor reclamacións ao proceso por parte dos e das aspirantes.
A CIG solicitoulle ao goberno en funcións o seguinte:
1. Que o Concello
adecúe a composición do tribunal da praza mencionada á
lexislación vixente en materia de órganos de selección para a
provisión de postos na Administración pública galega.
2. Que realice
todos os trámites administrativos necesarios para os nomeamentos e
notificacións por escrito aos membros dos tribunais dos procesos
selectivos que o Concello convoca, tal e como procede, e para que se
poidan realizar as recusacións legalmente previstas no caso de ser
pertinente
3. Que lle aboe
puntualmente aos membros dos tribunais as indemnizacións
correspondentes ao abeiro da lexislación vixente en materia de
participación en tribunais de oposicións e concursos.
Etiquetas:
emprego público,
prazas,
proceso selectivos
27/02/15
Bases para a contratación temporal dun/ha dinamizador/a de inclusión dixital do Concello de Betanzos
Etiquetas:
convocatorias,
emprego público
15/12/14
As Mesas de Negociación nas que non se negocia nada
O goberno municipal do Concello de Betanzos escusa convocar máis Mesas Xerais de Negociación amparándose nunha lexislación que exixe negociación e que na práctica, mesa tras mesa, está supoñendo unha imposición das propostas do goberno e caso omiso ás propostas dos representantes dos traballadores.
Unha vez máis, como nos ten acostumados, o Concello convoca unha Mesa cun único punto da orde do día e non acepta nin unha soa das propostas presentadas pola CIG porque segundo Diego Fernández, o orzamento non permite aprobar máis que o que propón o Concello... entón, para que nos convocan?
Repasemos, o goberno municipal convocou unha Mesa Xeral de Negociación, da que aínda non temos a acta, no pasado verán, cun único punto na orde do día "dar conta da documentación relativa a persoal a incluír nos orzamentos 2014", por tanto, de negociar nada de nada, non acepta as propostas presentadas, nin sequera responde ás alegacións presentadas a posteriori, como o pleno tampouco lle aproba o que o goberno encabezado por Ramón García lle vai ben, decide aprobar todo en Xunta de Goberno botando man da lexislación aprobada polo PP que tantas veces tivo a cara de criticar publicamente, e agora volve a outra Mesa a dicirnos que como xa está o orzamento aprobado (=imposto) xa non se pode negociar a Oferta de Emprego Público para o ano 2014. En serio, que se vaian a rir doutros e se aínda queda alguén con sentido que lle quite de inmediato, como mínimo, "obreiro" do nome, porque isto xa está empezando a ser un insulto ao persoal e ao sentido do que é unha verdadeira negociación á vista dos feitos.
Deixámosvos unha selección de novas para lembrar como se aprobaron estes orzamentos cos que agora queren impoñer a OPE que lles vai ben:
O Concello convoca Mesa Xeral de Negociación para este luns sobre orzamentos 2014 e a RPT mais parece que sen intención de negociar
Pois ben, á vista deste panorama comezou unha Mesa Xeral de Negociación na que a CIG foi o único sindicato que propuxo ampliar a OPE (Oferta de Emprego Público) mesmo facendo referencia ás posibilidades legais de facelo, tendo en conta que nos parecía ben que a OPE contase con prazas para a policía mais obviamente insuficiente para as necesidades deste Concello. A precaria situación de persoal actual do Concello con respecto á Relación de Postos de Traballo vixente supón que haxa 22 prazas "vacantes" (entendendo por vacantes as que non están nin temporal nin definitivamente cubertas por ninguén), das cales 4 son de persoal funcionario e 18 de persoal laboral.
O feito de que o 100% do persoal laboral sexa temporal dificulta na actualidade a cobertura definitiva desas prazas mais non a cobertura temporal, tal e como se lle solicitou ao goberno municipal, tendo en conta que estamos a falar de falta de persoal en servizos como o cemiterio, a xardinaría, as obras, a limpeza viaria e de edificios ou a axuda a domicilio e que de a maiores destes 18 postos hai que falar que a día de hoxe hai 10 baixas das cales só unha está cuberta e de que case todas, agás as de maternidade, corresponden ao sector de servizos, o que demostra o grave desgaste do persoal de determinados departamentos do Concello.
A proposta inflexible do goberno é presentar unha OPE só para dúas prazas de Policía, unha de promoción interna e outra de oposición libre, por tanto, eis os datos, de 4 funcionarios menos, 2 prazas que se convocan, de 18 laborais menos, 0 prazas que o goberno municipal supostamente socialista se nega a cubrir mesmo temporalmente.
A maiores, entre o funcionariado, existe a posibilidade da promoción interna, que a lexislación actual permite, é máis, o propio goberno municipal pretende convocar unha praza de Policía por promoción interna, por tanto é legal, e baseándose nisto desde a CIG propuxemos que a promoción interna se aplicase e ampliase tamén a todos/as os/as auxiliares administrativos/as que na actualidade puidesen promocionar a administrativos/as (máis aínda cando a liña entre o traballo dun e doutro posto é moi difusa neste Concello) mais a resposta do goberno foi a irrisoria de que o orzamento que foi imposto non o contemplaba, mais tampouco se comprometeu a estudar esta proposta de cara ao futuro. Deducimos pois, da firmeza coa que o goberno municipal se opuxo a que nesta OPE promocionen os/as auxiliares administrativos/as que a idea é que nesta Administración, entre o funcionariado, só promocione a Policía, que ten o seu dereito, mais nin máis nin menos que o resto do persoal, e o resto de funcionarios/as que tamén poderían promocionar non deben existir para o goberno municipal, porque se algo está claro é que isto nin se lles pasou pola cabeza na primeira OPE que pretenden levar a cabo nesta lexislatura, e unha vez que o propuxo a CIG a resposta foi, igualmente negativa, como dixo o concelleiro de Persoal "aquí vimos a falar das prazas da Policía", para acabar co debate sobre a posibilidade de incluír na OPE outras prazas.
Por tanto, non sabemos se se aprobou a OPE presentada polo Concello ou non porque non se votou nada, o único que podemos dicir é que non se negociou nada, que a CIG propuxo, a maiores do presentado polo Concello, a cobertura das prazas necesarias de laborais e a cobertura dunha das prazas de persoal administrativo vacante por xubilación e mais a posibilidade de promoción interna para todo o funcionariado , non só para a Policía, propostas ás que o goberno municipal se negou en rotundo. Canto ás intervencións dos outros dous sindicatos presentes (UGT e CSIF) foron propostas para a convocatoria das prazas de Policía mais nada canto ao resto do persoal, é máis o CSIF aínda solicitou a cobertura dunha outra praza para a Policía, que non dubidamos da súa necesidade, mais nada falou da promoción interna do resto do funcionariado ao que representa ou das dúas prazas vacantes do cadro administrativo, coma sempre, moi na súa liña.
Agardaremos a que o Concello entregue a acta para aprobar e asinar para comprobarmos como se reflicte nesta a inexistencia de negociación nin de acordo ningún, a pesar de que aínda estea pendente a acta do 11 de xullo de 2014, da Mesa Xeral de Negociación na que se "deu conta" de todo o relativo aos orzamentos e que logo se levou a pleno mais que aínda non se lle entregou, cando menos, á CIG, como sindicato maioritario con representación na Mesa Xeran de "Negociación".
07/11/14
Novas solicitudes con respecto aos contratos, desta volta sobre o Conservatorio e a Escola Municipal de Folclore
O Comité un ano máis, e xa van tres, pregúntalle ao Concello sobre estas novas contratacións sen proceso selectivo e á marxe da legalidade de contratación na Administración pública.
A maiores durante anos o Concello leva incorrendo nun claro agravio discriminatorio dunha parte do persoal destes servizos, o que só está contratado durante o curso escolar, non só fronte a algúns dos propios compañeiros e compañeiras contratados ao longo de todo o ano nos mesmos departamentos senón tamén con respecto ao resto de todo o persoal laboral deste Concello ao pagarlles unhas retribucións claramente moi superiores ás recollidas no convenio e descolgando deste o Concello de xeito unilateral a un colectivo de traballadores para beneficialos fronte a todo o resto.
O certo é que, a fin de contas, o Concello, con este tipo de decisións, distingue claramente entre o persoal que privilexia e o que discrimina, ignora abertamente o recollido na normativa aplicable aos laborais do Concello en materia de retribucións, é dicir o convenio colectivo, e vulnera o dereito de negociación cos representantes xa que aplica unhas retribucións decididas unilateralmente e en base a uns criterios descoñecidos e sobre os que nin informa aos representantes dos traballadores.
Descoñecemos quen informa positivamente a unhas contratacions á marxe da existencia de procesos selectivos na Administración pública, e quen informou sobre a pertinencia de descolgue das retribucións do convenio colectivo a determinados traballadores para que cobren o triplo que o resto, pero o que está claro é que quen contrata é o Concello e que asina é o alcalde, por tanto xa sabemos quen escolle o persoal de primeira e de segunda, porque a fin de contas esa é a elección.
"Sempre se fixo así" é un frase moi escoitada neste Concello, mais non hai que esquecer que iso non implica que se fixese ben, simplemente que todo foi tirando mentres ninguén cambiou as cousas, mais se algo nos teñen ensinado estes anos de xente dicíndonos que aquí non había nada que facer é que non é que haxa moito, é que hai moitísimo que facer, só que é un traballo sindical a longo prazo e onde se tardan en ver os resultados, mais desistir desde o principio nunca foi a nosa opción.
Entendemos que esta mellora dunha parte do persoal con respecto ao resto é realizada polo alcalde ano tras ano porque é consciente de que os salarios do persoal laboral son moi baixos, e aí concordamos, por iso, o que debería facer é igualar os de todo o persoal para non discriminar e demostrar que o Concello tamén tenta dar os pasos necesarios para tratar a todos os traballadores e traballadoras por igual e mellorar a súa situación, que cada vez é peor ao agravarse polo proceso de privatización ao que os distintos gobernos veñen sometendo desde hai anos ás Administracións públicas.
Deixámosvos aquí a solicitude rexistrada con respecto a este tema, o certo é que o Concello nunca responde a este tipo de solicitudes de información, é curioso, así como entrega documentación doutros procesos cando se require neste caso nunca respondeu nin achegou nada, quizais é porque hai de razón en que as irregularidades rodean estes contratos, a fin de contas, como se ve, os empregados sempre somos os prexudicados e o Concello segue a facer o que lle peta.
30/10/14
Novos contratos e solicitudes do Comité de Empresa
Achegámosvos as últimas solicitudes realizadas polo Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, con respecto ás últimas contratacións que o Concello realizou. Os escritos e a discinformidade dos contratos sempre van na mesma liña, o descoñecemento dos procesos selectivos ou unhas retribucións que non se axustan ás do convenio colectivo, tendo en conta que neste Concello hai persoal subvencionado que cobra segundo convenio e outro segundo subvención se ningún criterio obxectivo, ao igual que o persoal contratado para substitucións que debería cobrar segundo os conceptos retributivos do convenio e as pagas completas dobres e non ser discriminado con respecto ao persoal ao que substitúe no posto, ademais de que o Concello ten a obriga de ter informado ao Comité de Empresa das previsións de contratación deste Concello. Nalgúns casos, como nas últimas contratacións de limpeza, o Concello nin sequera cumpriu as bases que el mesmo aprobou e nin publicou o proceso selectivo na páxina web municipal
28/10/14
Bases da convocatoria para a selección de 1 técnico/a de orientación laboral
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
convocatorias,
emprego público
01/10/14
Novos contratos en presunta fraude de lei e creación de novas prazas á marxe de toda legalidade
O
goberno municipal do PSOE estase a converter en todo un especialista
á hora de vulnerar a normativa vixente en materia de creación e
provisión de postos na Administración pública. Á última
modificación de posto que lle realizaron a unha traballadora de
limpeza encomendándolle funcións non propias do seu posto e é posible que nin sequera poida realizar veñen
a sumarse dous contratos en presunta fraude de lei que o Concello
realizou ao contratar por obra ou servizo a dúas traballadoras de
limpeza para o aulario.
O
Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, trasladoulle ao Concello
tanto por escrito como verbalmente a súa preocupación por esta
situación, tendo en conta que a limpeza dun colexio é algo que se
debe manter no tempo e ata o momento o único que hai é dúas
traballadoras contratadas ata decembro, igualmente preguntoulle ao
Concello polas expectativas de modificación da RPT para a creación
desas prazas ou cobertura de prazas vacantes por xubilacións mais a
reposta do concelleiro de Persoal foi clara, ata decembro está
amañado, logo non saben como se vai facer, o que demostra unha
pésima xestión de persoal nun Concello que non ten nin sequera
previsión de como cubrir os servizos básicos máis aló de tres
meses vista.
Como podedes ver máis abaixo o Comité de Empresa indicoulle ao goberno municipal que "o contrato por obra ou servizo debe ter “autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa” e neste caso as traballadoras foron contratadas para a “limpeza do aulario do colexio público Francisco Vales Villamarín”, cuxa prestación de servizo de limpeza depende, pois, directamente do Concello de Betanzos, e deberá realizarse con continuidade no tempo, non só durante os catro meses que estas traballadoras son contratadas, o que podería supor que estes contratos foron realizados en presunto fraude de lei tendo en conta o artigo 15.1 da Lei doEstatuto dos Traballadores da xurisprudencia consolidada que indica que non cabe acudir ao contrato por obra para cubrir necesidade propias ou permanentes da empresa; e tamén lle lembrou que "estas dúas prazas, correspondentes á limpeza do aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín, non existen na vixente Relación de Postos de Traballo. O propio Concello de Betanzos aprobou en Xunta de Goberno Local o 24 de xullo de 2014 os orzamentos correspondentes a este ano e non presentou ningunha proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo con respecto á creación de dúas novas prazas, que vén de crear o pasado 9 de setembro sen negociación cos representantes dos traballadores e sen a preceptiva aprobación polo Pleno da corporación local, incumprindo a legalidade vixente para as Administracións públicas en materia de creación de novos postos de traballo."
Como podedes ver máis abaixo o Comité de Empresa indicoulle ao goberno municipal que "o contrato por obra ou servizo debe ter “autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa” e neste caso as traballadoras foron contratadas para a “limpeza do aulario do colexio público Francisco Vales Villamarín”, cuxa prestación de servizo de limpeza depende, pois, directamente do Concello de Betanzos, e deberá realizarse con continuidade no tempo, non só durante os catro meses que estas traballadoras son contratadas, o que podería supor que estes contratos foron realizados en presunto fraude de lei tendo en conta o artigo 15.1 da Lei doEstatuto dos Traballadores da xurisprudencia consolidada que indica que non cabe acudir ao contrato por obra para cubrir necesidade propias ou permanentes da empresa; e tamén lle lembrou que "estas dúas prazas, correspondentes á limpeza do aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín, non existen na vixente Relación de Postos de Traballo. O propio Concello de Betanzos aprobou en Xunta de Goberno Local o 24 de xullo de 2014 os orzamentos correspondentes a este ano e non presentou ningunha proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo con respecto á creación de dúas novas prazas, que vén de crear o pasado 9 de setembro sen negociación cos representantes dos traballadores e sen a preceptiva aprobación polo Pleno da corporación local, incumprindo a legalidade vixente para as Administracións públicas en materia de creación de novos postos de traballo."
Advertencias
A maiores, o Comité trasladoulle ao goberno municipal a súa preocupación polas novas funcións encomendadas a unha traballadora de limpeza que redundan con moito a limpeza de edificios e instalacións propias deses postos e que segundo nos informaron en Educación deben ser realizadas por coidadores/as e/ou auxiliares tituladas/os. O Comité tentou explicarlle ao Concello que no momento que redefine funcións dos traballadores debe ter en conta os requerimentos para esas novas funcións e se exixen titulación polo delicado que pode resultar o traballo con nenos e que, a fin de contas, se algún día pasa algo, o propio traballador que non se negou a realizar un traballo para o que non estaba capacitado tamén podería ter algún tipo de responsabilidade. A preocupación por este tema trasladóuselle en concreto ao concelleiro de Persoal que admitiu que lle constaba a situación mais obviou poñerlle ningún tipo de remedio, aínda que xa sabemos que este goberno municipal o que quere son traballadores que lle solucionen os problemas e mentres non pase nada todo vai ben para o goberno... e o día que pase algo que cada quen se busque a vida.
02/07/14
Persoal indefinido non fixo con dereito a consolidación
O
PP anuncia que retira a emenda que permitía
botar á rua ao persoal laboral indefinido non fixo con
dereito á consolidación de emprego.
Ao
pouco de que tivésemos coñecemento desta emenda introducida de
tapadillo na Lei de Racionalización, o Partido Popular anuncia a
marcha atrás e retirada da mesma. Entre outras eivas que pode haber,
non convocaron á Mesa Xeral das Administracións Públicas en Madrid
na que a CIG está presente, o cal pode ser unha eiva invalidante ao
haber falta de negociación, e sabedores diso optan por tocar a
corneta e anunciar a retirada.
Como
xa anunciamos no Boletín
de Servizos Centrais o
Partido Popular, xustificaba a emenda como unha “mellora técnica”
e establecía o seguinte para facer efectivo que as amortizacións
non só se van aplicar aos indefinidos non fixos en xeral, senón a
todos/as, incluídos os/as que teñen declaración de indefinidos non
fixos ditadas con anterioridade á entrada en vigor desta Lei:
“...será
de aplicación a todas aquelas relacións xurídicas de indefinidos
non fixos que se mantivesen coa Administración na data de entrada en
vigor desta Lei calquera que fose a data da declaración como
indefinido non fixo do traballador afectado ou a causa que la tivese
motivado”.
Dende
a CIG imos estar vixiantes de que o que anuncia o cumpran.
Nova tirada de www.cigadmon.org.
Etiquetas:
CIG,
emprego público
Anuncio provisión praza de técnico de turismo con carácter laboral temporal para a Oficina de Turismo de Betanzos
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
convocatorias,
emprego público
Anuncio provisión dúas prazas de auxiliar de policía local con caracter laboral temporal no Concello de Betanzos
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
convocatorias,
emprego público
28/05/14
Bases para a contratación temporal dun ou dunha axente TIC no Concello de Betanzos
No Boletín Oficial da Provincia de onte saiu publicada a convocatoria para a contratación temporal con carácter temporal dun ou dunha axente TIC. Como vén sendo costume o Concello nin sequera informou aos representantes dos traballadores e neste caso nin sequera lle achegou unha copia das devanditas bases.
Dende a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos estudaremos o texto polo miúdo e farémoslle ao goberno municipal as achegas que consideremos pertinentes. Si que cómpre dicir que estas bases, non sabemos porqué publicadas con tanta premura, adoecen de diversos problemas e son unha boa mostra de como neste Concello non hai quen elabore unhas bases dun proceso con sentido común e sempre somos os representantes dos traballadores os que lle temos que lembrar ao Concello a legalidade vixente en materia de contratación. Un detalle pasa porque unha das carreiras exixidas non existe, o que restrinxe estas bases a un só perfil que se podería considerar o adecuado ou non, mais o certo é que si que pode resultar estraño que se priorice a formación en educacion social fronte á formación en informática (tendo en conta a dificultade de que se presenten persoas diplomadas nunha carreira na que non hai diplomatura) para un posto relacionado coas novas tecnoloxías.
Unha vez que fagamos a valoración, no caso de considerarmos que estas bases non se adecúan á legalidade vixente trasladarémollo, coma sempre, ao goberno municipal a través do rexistro e iniciaremos os pasos que consideremos oportunos.
Etiquetas:
convocatorias,
emprego público
15/04/14
Consideracións con respecto ás bases publicadas onte no BOP
A CIG vén de rexistrar hoxe mesmo unha serie de consideracións con respecto ás bases das convocatorias publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia, que puxemos en coñecemento do goberno municipal por se ten a ben emendalas e corrixir as eivas. O certo é que, xa sen nos meter en cuestións normativas que se mencionan abaixo, o mínimo sería saber cal é a titulación necesaria para acceder a un posto de traballo e en que categoría profesional vai estar encadrado este, mais á vista dos textos que o Concello de Betanzos publica no BOP os/as aspirantes a os postos terán que adiviñalo.
14/04/14
Cando a incoherencia é o principio para desculpar o teu pésimo traballo
"A imposibilidade de poder contratar persoal" artigo publicado polo PSOE local no xornal Betanzos e a súa comarca do mes de abril e que contrasta e deixa en evidencia ao goberno municipal se temos en conta que hoxe mesmo acaba de publicar unha convocatoria para psicólogo/a e outra para auxiliar administrativo/a. O que queda claro é que as traballadoras de limpeza poden estar rebentadas que aquí non se cubre unha baixa, as compañeiras da Escola Infantil Municipal contar con menos persoal que en anos anteriores, as compañeiras de axuda a domilicio cubertas directamente nos seus días libres por unha empresa, o cemiterio, o pasatempo ou o conservatorio municipal sen conserxe ou os compañeiros de obras baixa o mínimos e seica non se pode contratar, mais créanse novos postos onde e cando interesa, á vez que non se lle dá resposta urxente á readmisión do persoal que está pendente, logo dunha sentenza xudicial, de que o Concello adopte unha decisión, ou como mínimo fale persoalmente co traballador afectado.
Polo que respecta aos informes do persoal técnico, aínda hai poucos meses que neste Concello se contratou puntualmente a unha traballadora de limpeza baixo a figura de "acumulación de tarefas", e si, falamos de 2014, e os informes foron positivos para a contratación... dende aquela non houbo modificación ningunha na lexislación estatal nin autonómica, mais o que si houbo foi vontade do goberno municipal de gardar os cartiños e non contratar a ninguén para este servizo a custa do lombo do resto do persoal. Como din eles mesmos "ver para crer".
Polo que respecta aos informes do persoal técnico, aínda hai poucos meses que neste Concello se contratou puntualmente a unha traballadora de limpeza baixo a figura de "acumulación de tarefas", e si, falamos de 2014, e os informes foron positivos para a contratación... dende aquela non houbo modificación ningunha na lexislación estatal nin autonómica, mais o que si houbo foi vontade do goberno municipal de gardar os cartiños e non contratar a ninguén para este servizo a custa do lombo do resto do persoal. Como din eles mesmos "ver para crer".
"Nas últimas semanas e en diversas ocasións os grupos da oposición, especialmente o Partido Popular e o o BNG criticaron ao grupo municipal socialista por non contratar persoal para cubrir certos servizos municipais
tras producirse unha baixa laboral ou unha vacante.
A situación “vendeuse” ante os veciños por parte destes
grupos políticos como que a “non contratación do persoal”
responde “a un capricho ou teimosía do grupo municipal socialista”
ocultando de forma partidista as verdadeiras razóns polas que o
Concello non pode realizar as contratacións.
Os decretos do Estado, aprobados polo Partido Popular, limitan ás
administracións públicas á contratación de persoal. E o Concello
de Betanzos non ía ser menos. Precisamente, sobre a bases deses
decretos estatais os informes xurídicos municipais son claros que na
actual situación non é posible a contratación de persoal.
Non se tratar, polo tanto, dunha decisión política e caprichosa
do grupo de goberno, senón que obedece á legalidade vixente,
marcada, insistimos, polos Decretos aprobados no seu día polo
Goberno do Estado (PP). Polo tanto, ata que esa situación non
cambie, ata que os informes xurídicos municipais non digan outra
cousa, o Concello non poderá contratar persoal.
O que si que fixo este grupo municipal socialista é garantir os
servizos aos veciños e, a pesar das baixas de persoal, poder seguir
ofrecendo o servizo cos recursos propios do Concello. Algo que parece
non gustar a determinados grupos políticos, pero que seguimos
facendo mentres que as limitacións do Estado en materia de
contratación laboral sexan as que son actualmente.
Debemos lamentar, iso si, a actitude do Partido Popular que, como
noutras cuestións municipais, tamén mantén o seu dobre discurso e
dobre moral. Mentres o PP no Goberno de Madris ou no de Santiago
decreta unha cousa, a novel local esixen a contraria, xa non só co
tema de persoal, senón cos innumerables recortes sociais. E se
alguén destaca nisto é a voceira municipal do PP, María Faraldo,
que como deputada autonómica aproba en Santiago os recortes en
servizos que logo exixe ao Concello. Ver para crer."
Etiquetas:
convocatorias,
emprego público
Bases da convocatoria para a cobertura dunha praza de auxiliar administrativo/a con carácter temporal no Departamento de Servizos Sociais
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
emprego público
Bases da convocatoria para a cobertura dunha praza de psicólogo/a con carácter temporal no Departamento de Servizos Sociais
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
emprego público
24/03/14
HORAS EXTRAS E PRIVATIZACIÓN A CAMBIO DE NON CONTRATAR PERSOAL NOS SERVIZOS BÁSICOS
Ao
longo destes últimos tempos, a CIG leva posto en coñecemento da
Administración a delicada situación que padecen na actualidade
algúns dos servizos básicos pola negativa do Concello a cubrir as
baixas tanto de longa coma de curta duración e que repercute
directamente nos propios traballadores do servizo. Desta volta, e
ante a mesquindade dun Concello que teima en explotar ao persoal a
base de continuos cambios de condicións laborais que o someten a un
continuo extrés e que repercute directamente na súa saúde, temos
que destacar a solicitude por parte da Administración de que certas
traballadoras de limpeza de edificios realicen horas extras para
cubrir o traballo das persoas que o Concello necesita e que se nega a
contratar. É dicir, primeiro elimínase prazas ao non convocar as
vacantes, logo, despídese ao persoal, tal e como vimos nos dous anos
anteriores, e agora pídeselle aos poucos traballadores que quedan
que repartan as horas extras para poder manter as instalacións do
colexio nunha condicións decentes.
A
deficiente xestión do servizo de limpeza de edificios levada a cabo
polo concelleiro de Persoal, Diego Fernández, coa axuda do propio
alcalde instalado na pasividade ante os problemas reais do día a día
do persoal, que pretende cun número inferior de efectivos reais que
hai uns anos prestar os mesmos servizos como Concello e quedar ben
con todo o mundo, lembremos que mesmo ata hai pouco con fundacións
privadas, xa foi posta en evidencia en varias ocasións polo propio
Comité de Empresa, que lle preguntou polas vías de saída que lle
daría a este problema, a resposta non existe, as ganas tampouco e a
preocupación pola situación non saben nin o que é. A solución que
dan agora ao persoal é pedirlle de favor que realice horas extras
para cubrir os servizos, algo moi comprensible vindo dun partido
obreiro, é dicir, a redución de postos de traballo súplese coa
explotación do persoal que temos. No propio Departamento de limpeza
outro grave problema é o de limpeza viaria e a falta de efectivos,
que na última década se ten reducido á metade do que era pola
negativa a cubrir ás xubilacións da propia Administración, o que
supón que estes operarios estanse vendo saturados debida á
magnitude do traballo para poder cubrir as necesidades dunha vila que
medrou en extensión nos últimos tempos e ante a pasividade dun Concello que teima en non contratar persoal.
A
esta situación tan delicada hai que sumarlle o abandono do cemiterio
municipal provocado pola negativa do Concello a cubrir as baixas
motivadas polas dúas xubilacións do persoal que tiña estes postos
na Relación de Postos de Traballo en vigor e a pretensión de
amortización das prazas deste servizo por parte do Concello aínda
hai escasos meses o intento fracasado de aprobar unha nova RPT. O
Concello de Betanzos, á vista dos feitos, non considera básico o
servizo do cemiterio mais teima en derivar cara a el a compañeiros
que non teñen ese posto de traballo, como aconteceu cun compañeiro
do anterior GRUMIR despedido e aínda en espera de sentenza por parte
do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que a pesar de ser peón
do servizo de emerxencias dedicábase unica e exclusivamente ao
atendemento das funcións propias dun cemiterio municipal e que o
Concello teima en non desistir da decisión tomada de despedilo hai
dous anos, a pesar de acumular xa sete sentenzas por despedimento
improcedente. Para colmo, na actualidade o Concello avanza no camiño
da privatización e a destrución do emprego público posto que somos
coñecedores que no cemiterio municipal non hai un só empregado
municipal e moito nos tememos, a pesar de que non teñamos constancia
da existencia dun contrato administrativo, que o traballo realizado
antes por empregados municipais é agora desempeñado por persoal
dunha empresa privada.
Dende
a Sección sindical da CIG lamentamos fondamente o camiño de
privatización que dende hai varios anos se iniciou neste Concello e
que mesmo o ano pasado supuxo a contratación de persoal dunha
empresa privada de apoio en festas mentres se negaban a cubrir as
baixas de limpeza e da Escola Infantil Municipal, e que a día de
hoxe se traduce na privatización parcial do servizo de axuda a
domicilio, da xardinaría ou do asesoramento técnico ao concelleiro de Persoal, e cada vez un máis longo etcétera,
sendo coñecedores de que os servizos públicos sempre son befenicio
para toda a cidadanía, mentres que os privados só para uns poucos.
Instamos ao goberno municipal, e ao seu máximo responsable, o
alcalde, que ante a delicada situación que están a padecer
determinados servizos públicos do Concello de Betanzos, que deixe de
aplicar e ampararse nas políticas laborais de destrución de emprego
público do PP que tanto critica noutras esferas e que logo teima en
aplicar nos seu propio Concello.
Etiquetas:
CIG Concello de Betanzos,
emprego público,
horas extraordinarias,
privatización,
RPT
05/03/14
O Sector de local da CIG-Administración elixe a Xabier Rodríguez Cerdeiro como Secretario Nacional
Celebrou a súa VI asemblea o pasado sábado, día 1 de marzo, en Compostela
O
Sector de Local da CIG-Administración celebrou, o pasado sábado, a
súa VI asemblea, na que resultou elixido como secretario nacional
Xabier Rodríguez Cerdeiro. No decurso da mañá debatéronse as
liñas de acción sindical arredor das que xirará o traballo do
sector nos vindeiros catro anos e analizáronse as consecuencias das
políticas impostas polo Partido Popular, nomeadamente a perda de
dereitos laborais e salariais e o desmantelamento, na práctica, da
administración local tras da aprobación da "Lei de
sostenibilidade e racionalización da Administración Local".
Foron
precisamente as políticas impostas polo PP e as súas consecuencias
as que suscitaron maior debate porque poucos meses despois da última
Asemblea Nacional –celebrada hai catro anos- estas obrigaron ao
sector a mudar a liña de acción sindical acordada. E é que neste
período aprobouse, primeiro, o Decreto Lei 8/2010, que supuxo a
perda dunha media dun 5% nas súas retribución ademais doutros
dereitos e a partir de aí varios decretos máis que continuaron
recortando tanto as retribucións, como outros importantes
dereitos adquiridos. Entre outros subliñaron o RDL 20/2012 que
“supuxo un grave prexuízo especialmente en aspectos como as baixas
laborais con descontos nas retribucións, diminución do días de
vacacións, permisos e licenzas, ampliación da xornada e recorte de
horas sindicais”.
Do
mesmo xeito, denunciaron a redución á mínima expresión da
negociación colectiva, o que obrigou a centrar o traballo sindical
en organizar e levar a cabo diferentes concentracións,
manifestacións e outra medidas de protesta social en contra de todos
os estes recortes, que na maioría dos casos foron secundados por
outros sindicatos. Porén, subliñaron que “en importantes ocasións
tivemos que saír solos a rúa por exemplo na folga xeral do 27 de
xaneiro do ano 2012 data na que os sindicatos estatais estaban
asinando o aumento da idade de xubilación co goberno estatal”.
Malia
a escasa marxe de negociación que lles quedou tras se aprobar as
reformas laborais o sector de Local salientou os seus esforzos por
oporse á aplicación dos diferentes decretos nas mesas de
negociación dos concellos galegos e naqueles que non foi posíbel,
“procuramos minimizar os efectos devastadores que para as
empregadas/os públicos supoñía a implantación de medidas que nos
facían retroceder varias décadas respecto aos dereitos adquiridos”.
Lei
de Sostenibilidade e Racionalización da Administración Local
Con
todo, salientaron pola súa especial gravidade, a probación en 2013
da Lei de Sostenibilidade e Racionalización da Administración
Local, que abre as portas ao desmantelamento da Administración
local. O sector de local da CIG-Administración lembra que máis alá
de solicitar a súa retirada fixéronse diversos actos de protesta
para impedir a súa aprobación que finalmente se levou a cabo no mes
de decembro entrando en vigor curiosamente o día 28 (Santos
Inocentes).
Ante
o alcance e as consecuencias desta lei, o sector concluíu que
“estamos, sen dúbida, ante o maior ataque aos traballadores/as do
noso sector pois a pretensión principal desta Lei e reducir
drasticamente as competencias dos Concellos para que determinados
servizos pasen a depender das Deputacións Provinciais e da Xunta de
Galicia e outros deixaranse de prestar co conseguinte perigo de
despedimento para moitos/as empregados/as públicos do sector local”.
Por
iso acordaron centrar o seu labor nos vindeiros anos en rexeitar a
aplicación desta lei, nomeadamente naqueles aspectos que poñan en
perigo os postos de traballo de calquera empregada/o da
administración local e continuar manifestando a súa oposición á
aplicación da taxa de reposición de efectivos “favorecedora da
privatización dos servizos e da precariedade laboral nas
administracións públicas”.
Respecto
da Policía Local, salientaron que en cada Concello o cambio de grupo
levouse a cabo de distintas formas, por mor das eivas da Lei de
Coordinación. “Aqueles máis afortunados conseguiron realizar o
cambio con incremento das súas retribucións polo cambio de grupo,
mentres outros levaron a cabo este cambio absorbendo este incremento
da produtividade e mesmo no complemento especifico”.
No
relativo aos servizos de extinción de incendios, ademais dos
Bombeiros municipais, pasaron a formar parte do sector os bombeiros
que traballan nas empresas concesionarias dos parque privados. A este
respecto lembraron que a alarmante situación creada pola Xunta e
Deputacións pola aposta polos parques comarcais privados e
comarcalización dos municipais sen negociación da modificación das
condicións de traballo obrigou a reaccionar de inmediato,
convocándose importantes manifestacións pola defensa dun servizo
público galego de emerxencias diante do Parlamento, Consellería e
das Deputación de A Coruña e Lugo.
Presenza
nos centros de traballo
Para
enfrontar esta situación, de cara aos vindeiros anos, marcáronse
como obxectivo situar á CIG como principal referente no sector,
reforzando a posición que xa ten no mesmo e mobilizar ás
compañeiras e compañeiros nos centros de traballo, para que
participen activamente nas accións de protesta sindical e social que
se poñan en marcha contra as políticas do PP.
Para
iso, subliñaron a necesidade de incrementar a presenza nos centros
de traballo e de manter ás traballadoras e traballadores
permanentemente informadas/os antes, durante e despois das
negociacións. Xunto a isto, valoraron tamén a necesidade de
implicar na vida sindical a delegadas e delegados, garantindo unha
formación sindical axeitada en materia de dereitos e garantías
sindicais e o ideario, funcionamento, criterios a seguir na
negociación colectiva e as directrices do sindicato en materia de
estratexia, acción sindical, distribución da información e demais;
incrementar a afiliación, como base principal do sindicato e, de
cara ás próximas eleccións sindicais consolidarse como segunda
forza no sector.
Negociación
colectiva
O
sector de Local sinala, no relatorio a debate na Asemblea, as
diferentes condicións de traballo entre uns concellos e outros por
mor da falla de regulación e a consecuencia de que estas son
estabelecidas “por capricho do edil de turno, con criterios
caciquís e carentes de obxectividade”. Considera que esta é a
causa pola que moitas empregadas e empregados públicos locais non
gozan de algúns permisos e licencias, carecen de fondos sociais,
anticipos... e as súas retribucións “baséanse nas prefixadas
polo Goberno do estado ou polo Alcalde de forma arbitraria, sen
ningunha posibiliddae de negociar nada”.
Por
iso estabelecen a necesidade de homologar esas condicións de
traballo e para iso consideran imprescindíbel dotarse dun marco de
relacións laborais propio para as administracións públicas
galegas. Porén sinalan que “isto estará condicionado pola forza
coa que sexamos capaces de defender estas propostas no proceso
negociador da Lei de Función Pública Galega”.
O
sector de Local tamén se marca como obxectivo reducir a
temporalidade na administración local; procurar estabelecer por
todos os medios, nos convenios colectivos e acordos marco cláusulas
de revisión salarial automática, de cara a evitar futuras
desviacións do IPC; pelexar por acadar a xornada laboral de 35
horas; defender a creación de fondos de acción social constituídos
polo menos co 1% da masa salarial de cada ámbito de negociación;
loitar contra o adiamento da idade de xubilación e defender a
xubilación parcial voluntaria das empregadas e empregados públicos.
En
materia de seguridade e saúde laboral exixirá a constitución dos
servizos de prevención propios, tendo en conta a particularidade dos
distintos centros de traballo; avaliación de riscos para a
seguridade e a saúde dos empregados e empregadas públicas en cada
centro de traballo; constitución inmediata dos Comités de
Seguridade e Saúde estabelecidos na Lei, coa dotación axeitada de
medios para o seu funcionamento; garantir dentro dos servizos
públicos de saúde, polos que deben poder optar todos os
traballadores e traballadoras de forma individual, o aceso a
recoñecementos médicos completos e periódicos, a inspección das
condicións sanitarias e hixiénicas dos locais de traballo, à
realización de campañas informativas e preventivas de riscos para a
saúde e aos estudos sanitarios e epidemiolóxicos necesarios, así
como a inclusión de protocolos médicos específicos nos centros de
traballo e recoñecementos médicos, urolóxicos e xinecolóxicos
voluntarios, con carácter anual.
Acción
Sindical
Dada
a actual situación, a VI Asemblea do sector de Local da
CIG-Administración acordou centrar a súa acción sindical en facer
fronte aos recortes laborais, das retribución e a destrución de
emprego nas administracións públicas. Xunto a isto, acordaron
centrarse na defensa do público, reclamando a supresión das
diferentes modalidades de privatizacións xestoras dos entenes
públicos así como das asistencias técnicas. Comprometéronse, xa
que logo, a defender a xestión directa dos servizos públicos
locais, con empregados/as propios/as das corporacións, opoñéndose
a que “os servizos básicos prestados aos cidadáns se convertan en
negocio para empresarios privados pois merman a calidade do servizo,
producen precarización das condicións laborais e, xeralmente,
provocan o encarecemento das taxas e prezos públicos que soporta a
cidadanía”.
Outro
dos elementos no que farán fincapé durante este período será na
normalización da lingua galega na administración local. Por iso
defenderán que nos acordos e convenios colectivos figure unha
regulación sobre o dereito das/os empregadas/os públicas/os ao uso
da lingua galega e o cumprimento polas respectivas administracións
da Lei de Normalización Lingüística de Galiza.
Para
levar a cabo todos estes compromisos entenden que a actividade
sindical da CIG non debe cinguirse exclusivamente nin á mesa de
negociación anual, nin ao proceso de eleccións sindicais. “Debemos
ser partícipes do seu facer diario, do día a día. Esta é a única
forma de evitar que os dereitos se convertan en favores”,
concluíron.
Etiquetas:
CIG,
Compromiso de Traballo CIG,
emprego público
20/10/13
Bases xerais de selección de persoal laboral temporal mediante listaxes de substitución
O Concello de Betanzos vén de publicar no BOP, seis meses despois de levalas á Mesa Xeral de Negociación e catro meses despois de seren aprobadas en Pleno as bases xerais de selección de persoal laboral temporal mediante listaxes de substitución. Unha moi boa nova sería que estas bases se publicasen porque o Concello ten previsto crear listas de substitución para subsanar os graves problemas que está a crear a falta de persoal con motivo de distintas baixas mais ata o momento os representantes dos traballadores seguimos sen noticias ao respecto mentres a situación se complica día a día.
Corrección de erros praza de técnico/a de orientación laboral
Etiquetas:
Concello de Betanzos,
convocatorias,
emprego público
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)