As empresas que non poñen como prioridade a saúde mental dos seus empregados/as provocan o aumento da taxa de depresión entre o seu persoal ata nun 300%. Así o concluíu un equipo de investigadores da Universidade de Australia tras un ano de estudo en diferentes sectores poboacionais de traballadores/as.
Tendo en conta que o noso lugar de traballo é como o noso segundo fogar, pola cantidade de horas que pasamos nel, é lóxico pensar que as condicións desta contorna poidan ter unha influencia significativa no noso benestar físico e mental. O estudo centrouse en cuantificar precisamente o efecto que un ambiente de traballo tóxico pode ter no noso estado de ánimo.
Os resultados, publicados no British Medical Journal, cuxo texto completo achegamos, baseáronse nunha serie de cuestións baseadas no clima de seguridade psicosocial (PSC) da contorna laboral, isto é, as políticas, prácticas e procedementos orientados a protexer a saúde e seguridade mental.
Nas devanditas conclusións acharon que os lugares nos que se respira un clima tóxico, expoñen a un risco de depresión maior que o de morrer dunha enfermidade cardiovascular ou sufrir un accidente cerebrovascular en xornadas laborais de moitas horas. Neste sentido, o estudo tamén evidenciou que os homes eran máis propensos que as mulleres para sufrir depresión se os seus empregadores descoidaban a súa saúde psicolóxica.
''A evidencia amosa que as empresas que non recompensan ou recoñecen aos seus empregados polo traballo duro, impoñen demandas irrazonables aos traballadores e non lles dan autonomía, están a colocar ao persoal nun risco moito maior de depresión'', comenta Amy Zadow, líder do traballo que publica a revista BMJ Open.
Crese que a depresión afecta a uns 300 millóns de persoas, e os informes indican que máis persoas estiveron sufrindo de mala saúde mental debido á pandemia. Por exemplo, os datos da Oficina de Estatísticas Nacionais amosan que un de cada cinco adultos no Reino Unido experimentou depresión entre xaneiro e marzo, fronte a un de cada 10 antes da crise do coronavirus.
ACOSO LABORAL
Sorprendentemente, os investigadores tamén descubriron que o acoso non só afecta ao benestar psicolóxico da vítima, senón tamén ao perpetrador do acoso e ás testemuñas. Agregou que os custos globais do acoso e o esgotamento son significativos como resultado do absentismo e a baixa produtividade. Para abordar este problema, Dollard pediu un "cambio organizacional de alto nivel".
"Neste estudo investigamos o acoso nun contexto grupal e por que ocorre. Ás veces, a tensión é un causante do acoso e, no peor dos casos, pode establecer un nivel de comportamento 'aceptable' para outros membros do equipo. Mais sobre todo, o acoso pódese predicir a partir do compromiso dunha empresa coa saúde mental, polo que se pode “previr", conclúen os autores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario