Ao
longo destes últimos tempos, a CIG leva posto en coñecemento da
Administración a delicada situación que padecen na actualidade
algúns dos servizos básicos pola negativa do Concello a cubrir as
baixas tanto de longa coma de curta duración e que repercute
directamente nos propios traballadores do servizo. Desta volta, e
ante a mesquindade dun Concello que teima en explotar ao persoal a
base de continuos cambios de condicións laborais que o someten a un
continuo extrés e que repercute directamente na súa saúde, temos
que destacar a solicitude por parte da Administración de que certas
traballadoras de limpeza de edificios realicen horas extras para
cubrir o traballo das persoas que o Concello necesita e que se nega a
contratar. É dicir, primeiro elimínase prazas ao non convocar as
vacantes, logo, despídese ao persoal, tal e como vimos nos dous anos
anteriores, e agora pídeselle aos poucos traballadores que quedan
que repartan as horas extras para poder manter as instalacións do
colexio nunha condicións decentes.
A
deficiente xestión do servizo de limpeza de edificios levada a cabo
polo concelleiro de Persoal, Diego Fernández, coa axuda do propio
alcalde instalado na pasividade ante os problemas reais do día a día
do persoal, que pretende cun número inferior de efectivos reais que
hai uns anos prestar os mesmos servizos como Concello e quedar ben
con todo o mundo, lembremos que mesmo ata hai pouco con fundacións
privadas, xa foi posta en evidencia en varias ocasións polo propio
Comité de Empresa, que lle preguntou polas vías de saída que lle
daría a este problema, a resposta non existe, as ganas tampouco e a
preocupación pola situación non saben nin o que é. A solución que
dan agora ao persoal é pedirlle de favor que realice horas extras
para cubrir os servizos, algo moi comprensible vindo dun partido
obreiro, é dicir, a redución de postos de traballo súplese coa
explotación do persoal que temos. No propio Departamento de limpeza
outro grave problema é o de limpeza viaria e a falta de efectivos,
que na última década se ten reducido á metade do que era pola
negativa a cubrir ás xubilacións da propia Administración, o que
supón que estes operarios estanse vendo saturados debida á
magnitude do traballo para poder cubrir as necesidades dunha vila que
medrou en extensión nos últimos tempos e ante a pasividade dun Concello que teima en non contratar persoal.
A
esta situación tan delicada hai que sumarlle o abandono do cemiterio
municipal provocado pola negativa do Concello a cubrir as baixas
motivadas polas dúas xubilacións do persoal que tiña estes postos
na Relación de Postos de Traballo en vigor e a pretensión de
amortización das prazas deste servizo por parte do Concello aínda
hai escasos meses o intento fracasado de aprobar unha nova RPT. O
Concello de Betanzos, á vista dos feitos, non considera básico o
servizo do cemiterio mais teima en derivar cara a el a compañeiros
que non teñen ese posto de traballo, como aconteceu cun compañeiro
do anterior GRUMIR despedido e aínda en espera de sentenza por parte
do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que a pesar de ser peón
do servizo de emerxencias dedicábase unica e exclusivamente ao
atendemento das funcións propias dun cemiterio municipal e que o
Concello teima en non desistir da decisión tomada de despedilo hai
dous anos, a pesar de acumular xa sete sentenzas por despedimento
improcedente. Para colmo, na actualidade o Concello avanza no camiño
da privatización e a destrución do emprego público posto que somos
coñecedores que no cemiterio municipal non hai un só empregado
municipal e moito nos tememos, a pesar de que non teñamos constancia
da existencia dun contrato administrativo, que o traballo realizado
antes por empregados municipais é agora desempeñado por persoal
dunha empresa privada.
Dende
a Sección sindical da CIG lamentamos fondamente o camiño de
privatización que dende hai varios anos se iniciou neste Concello e
que mesmo o ano pasado supuxo a contratación de persoal dunha
empresa privada de apoio en festas mentres se negaban a cubrir as
baixas de limpeza e da Escola Infantil Municipal, e que a día de
hoxe se traduce na privatización parcial do servizo de axuda a
domicilio, da xardinaría ou do asesoramento técnico ao concelleiro de Persoal, e cada vez un máis longo etcétera,
sendo coñecedores de que os servizos públicos sempre son befenicio
para toda a cidadanía, mentres que os privados só para uns poucos.
Instamos ao goberno municipal, e ao seu máximo responsable, o
alcalde, que ante a delicada situación que están a padecer
determinados servizos públicos do Concello de Betanzos, que deixe de
aplicar e ampararse nas políticas laborais de destrución de emprego
público do PP que tanto critica noutras esferas e que logo teima en
aplicar nos seu propio Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario