O
tímido descenso do paro non consegue paliar a perda de activos/as e
ocupados/as
O
paro rexistrado descendeu en Galiza, no mes de febreiro de 2014, en
1.006 persoas, situando a cifra total de desempregados/as en 280.071
persoas. Isto é un 0,36% menos que no mes de xaneiro e un 4,35%
menos que no mesmo mes do ano pasado. Porén, malia haber unha caída
do desemprego respecto do mes anterior e mesmo respecto do mesmo mes
que en 2013 hai tamén unha importante caída interanual da
afiliación á Seguridade Social. Unha situación que a central
sindical atribúe á desesperanza das persoas desempregadas e, sobre
todo, á emigración.
Nun
contexto de creación de emprego o normal sería que se incrementara
o número de persoas afiliadas á Seguridade Social. Fronte a isto, a
afiliación caeu en Galiza en 6.299 persoas respecto do mes febreiro
de 2013. Isto implica que nin o tímido descenso do paro, nin o
tímido incremento de afiliacións á Seguridade Social (0,18%) que
se produce con respecto ao mes de xaneiro, conseguen paliar a perda
de persoas ocupadas, activas e afiliadas á Seguridade Social.
Para
o secretario confederal de Emprego e Industria, Miguel Malvido, esta
aparente contradición explícase por dúas razóns fundamentais: o
desencanto, que leva ás persoas paradas de longa duración e que xa
non cobran ningún tipo de prestación a deixar de se anotar nas
listas de desemprego e á emigración, que explica, á súa vez,
tanto a caída de activos/as, como a caída de afiliados/as á
Seguridade Social.
Tampouco
é máis esperanzador o panorama se se analizan os datos atendendo ao
tipo de contratos rexistrados. E é que no mes de febreiro asináronse
45.525 contratos, 10.720 menos que no mes anterior (-19,06) pero
11.005 máis que en febreiro do ano pasado (9,36% máis). O grave é
que 41.117 foron temporais e tan só 4.408 indefinidos. “Mantense a
temporalidade e, en consecuencia a precariedade. O emprego que se
crea é de peor calidade e ademais con menos dereitos”, afirma
Malvido.
A
isto cómpre engadir que a finais do mes de xaneiro non cobraban
prestación algunha 126.948 desempregados/as. Isto, xunto co recorte
de prestacións sociais sitúa nunha crítica situación a estas
persoas ás que de non dar unha solución se aboca á pobreza e á
exclusión social.
No
seu conxunto os datos constatan o enorme deterioro ao que chegou o
mercado laboral e obrigan a acender as alarmas, porque “de non se
producir un xiro nas políticas económicas e laborais que permita a
creación efectiva de emprego digno, estase a pór en xogo non só o
presente de Galiza, senón tamén o noso futuro como país”, sinala
Malvido.
O
secretario confederal de Emprego entende que esta situación
xustifica por si soa a ILP polo Emprego que a CIG levará ao
Parlamento de Galiza. “As medidas que nela se recollen permitirían
darlle a volta a esta situación, favorecer a recuperación económica
e posibilitar a creación de emprego”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario