Segundo
o artigo 10 do Convenio colectivo do persoal laboral, o Concello de
Betanzos debe ter elaborado o día 1 de abril o plan de vacacións
anual correspondente ao ano 2014 e aínda que tal e como se indica "o
calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter
individualizado, trala solicitude dos interesados, sempre que non
exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servicio, e
non se afecte a intereses de terceiros", é recomendable
solicitar ao longo deste mes as vacacións en tempo e forma.
A
pesar de que neste Concello nunca foi de coñecemento público o
calendario de vacacións e o persoal tendeu a facer traballo que
debería facer o propio Concello acordando as quendas de traballo nas
vacacións estivais o certo é que deste artigo do Convenio, a falta
do que inidique Comisión paritaria de interpretación do texto que o
Concello se nega a reunir, enténdese que temos ata finais de marzo
para solicitar as vacacións.
Para
solicitalas lembra que hai un modelo de documento habilitado para o
efecto e que na actualidade existe un rexistro no Departamento de
Persoal, polo cal podes entregar a túa solicitude directamente alí,
ademais neste caso recorda que o procedemento administrativo indica
que o silencio administrativo con respecto á túa solicitude é dun
mes e interprétase como positivo, é dicir, que se non che responden
tes dereito a coller as vacacións do xeito solicitado. Tes o modelo
de solicitude das vacacións aquí:
A información contida no dorso desta solicitude non é correcta nin está adecuada á lexislación actual en materia de permisos e vacacións logo da aprobación do Decreto 20/2012 por parte do Goberno do Estado. O Comité de Empresa solicitou en diversas ocasións por rexistro que isto se corrixise de cara a que non houbese información errónea nos documentos que se lle entregan ao persoal laboral mais aínda non tivo resposta nin ten constancia de que isto se corrixise, debido a isto se tedes calquera dúbida con respecto a algunha destas cuestións podedes preguntarlle, coma sempre, a calquera dos delegados e delegadas da CIG.
Tamén
é importante lembrar que no caso de baixa por enfermidade ou
accidente interrómpese o cómputo vacacional e reanúdase unha vez
que o/a traballador/a recupera a alta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario