O Comité de Empresa, por inicitiva da CIG, vén de solicitar unha listaxe do persoal ao que o Concello lle ten recoñecidos os servizos previos, esta solicitude vén na liña de reclamar este dereito para todo o persoal laboral unha vez que temos constancia documental de que a través dunha resolución da Alcaldía o Concello recoñeceulle este dereito a un determinado número de traballadores e traballadoras mais non a todo o persoal na mesma situación.
O recoñecemento dos servizos previos prestados tanto na propia Administración como noutras é un dereito de funcionarios e que vai recollido nese suposto novo convenio colectivo que non sabemos se o Concello terá a ben seguir negociando. Non obstante, o goberno municipal, se de verdade procura a igualdade entre persoal laboral e funcionario debería recoñecer de inmediato non só os servizos prestados nesta Administración senón en calquera outra pública como antigüidade e a efectos do cobro dos trienios correspondentes e o que en todo caso consideramos inxustificable é que no momento de recoñecer os servizos previos prestados neste Concello o fixese a uns traballadores si e a outros non e haxa persoal que leva máis dun ano agardando resposta para que lle solucionen a situación e finalice esa discriminación.
Solicitude Información Persoal Recoñecemento Servizos Previos
Ningún comentario:
Publicar un comentario