Na reunión do pasado mes do Comité de Empresa a CIG propuxo continuar instando ao goberno municipal a que negocie un novo Regulamento de Axudas Sociais, basicamente porque durante máis de dous anos o concelleiro de Persoal e mesmo nunha reunión o propio alcalde admitiron que non habería problema por aplicar uns criterios sociais que resultasen máis xustos no reparto das axudas, durante estes anos, a pesar de amosar esa actitude non foron quen de convocar por este tema nin unha soa vez a Mesa Xeral de Negociación, de aí que decidísemos volver a insistir para que o goberno municipal demostre dunha vez que de verdade lle interesa este tema ou que lle mentiu dun xeito descarado e unha vez máis aos representantes dos traballadores, de aí que o Comité lle comunicase por rexistro o seguinte:
Este Comité de Empresa amosou en múltiples ocasións a súa
vontade negociadora para iniciar o proceso de cara a poder dotar ao
persoal laboral deste Concello dunhas bases de axudas sociais cun
reparto máis xusto e que se baseen en criterios verdadeiramente
sociais, máis aínda tendo en conta os anos de recortes salariais
que levamos anos padecendo os empregados públicos, primeiro coa
baixada do 5% e logo coa supresión da paga extraordinaria do ano
2012 e máis aínda a situación salarial da maior parte do persoal
laboral deste Concello con retribucións inferiores ás do
funcionariado con similar categoría e posto mais, contrariamente,
cun reparto igualitario deste tipo de axudas, que fan máis
necesarias ca nunca este tipo de axudas. Por todo isto queremos
solicitarlle ao goberno municipal que inicie as negociacións dun
novo regulamento de axudas sociais de cara a poder aplicalo con
plenos efectos para o ano 2015.
Regulamento de Axudas Sociais
Ningún comentario:
Publicar un comentario