SAÚDE
LABORAL
A
Audiencia Nacional vén de reiterar a sentenza pola que se anulaban
parte dos obxectivos de produtividade dos/as Inspectores/as
médicos/as do INNS considerando que “non é admisíbel” que
estes obxectivos estean fixados no sentido de dar alta médica ou o
pase á incapacidade permanente. Entende que isto debe vir
determinado porque o estado de saúde do traballador/a impida ou non
desenvolver o traballo. A sentenza abrangue ao conxunto de
traballadores/as do Estado.
No
ano 2011, a Secretaría de Estado da Seguridade Social aprobou os
obxectivos estratéxicos do Instituto Nacional da Seguridade Social
que incluían un “índice de baremación da duración dos procesos
de incapacidade temporal”. Segundo isto, no plus de produtividade
pasábase a computar o número de altas médicas para o seu cálculo.
Isto traducíase en que cantas máis altas se concederan, maior
puntuación se obtería no índice de produtividade e polo tanto máis
diñeiro se cobraría.
O xulgado
central do Contencioso-Administrativo número 5, con sede en Madrid,
emitía, en maio de 2013, a sentenza pola que se anulaba este índice
por consideralo contrario a dereito. Porén tanto o Avogado do Estado
como a Administración da Seguridade Social presentaban os recursos
que veñen de ser desestimados pola Sala do Contencioso da Audiencia
Nacional.
O
avogado da asesoría xurídica nacional da CIG, Héctor López de
Castro explicaba daquela que a sentenza é especialmente relevante
porque coa pretensión de reducir o gasto do Estado, aplicouse unha
medida en fraude de lei e pondo en perigo a saúde laboral dos
traballadores.
A
sentenza afecta ao conxunto de traballadores/as do Estado porque o
Instituto Nacional da Seguridade Social é o que paga as prestacións
por incapacidade temporal das traballadoras e traballadores que se
encontran de baixa por enfermidade ou accidente.
Máis
información sobre a sentenza
http://www.cigsaudelaboral.org/novas/13-6-2013/a-xustiza-considera-inadmis-bel-que-o-inss-pague-produtividade-por-dar-altas-m-dicas
Ningún comentario:
Publicar un comentario