16/04/12

O Concello solicítalle a súa proposta á CIG

Logo da reunión de negociación da proposta de convenio, o concelleiro de Persoal solicitoulle á representación da CIG as porcentaxes de representatividade dos distintos sindicatos que levara á Mesa Xeral de Negociación. Dende a CIG envíamoslle a nosa proposta e agradecemos que o Concello non insista en xudicializar as relacións cos representantes do Persoal e lle dea a raón á CIG, que foi o único sindicato que na primeira reunión da Mesa Xeral de Negociación defendeu que era ilegal que o persoal laboral tivese a mesma representación que o funcionariado cando representa case o dobre de traballadores.

Naquela primeira reunión da Mesa Xeral, a UGT vendeu ao persoal laboral ao apoiar ao Concello e aos representantes de funcionarios, uns días depois o Concello deulle a razón á CIG e comprometeuse a recuar na vindeira reunión da Mesa Xeral de Negociación, a representantividade, pois, dos distintos sindicatos, segundo os resultados das pasadas eleccións sindicais sería a seguinte:


 
Funcionarios 49     3 delegados
Laborais 102            9 delegados
 
CCOO 1 DELEGADO DE FUNCIONARIOS                   10.816%
CSIF    2 DELEGADOS DE FUNCIONARIOS                  21.632%
UGT     4 DELEGADOS DE LABORAIS                            30.020 %
CIG      5 DELEGADOS DE LABORAIS                            37.525 %
                                                                              

Na Mesa Xeral de Negociación, a representación do persoal laboral ten algo máis do 67%, quizais ese é un dos motivos polo que non teñamos constancia de que nunca antes neste Concello se reunise en función da representatividade, ou moi vendidos foron os sindicatos que estaban representando aos laborais con anterioridade para aprobar melloras para os funcionarios e non para os laborais tendo eles maioría.  O caso é que se a UGT continúa no camiño iniciado defenderá a postura do Concello propoña o que propoña e isto suporía que no caso de se tomaren acordos que non consideramos legais teríamos que recorrer a un conflito xudicial de novo, mais en todo caso dende a CIG non permaneceremos impasibles ante as irregularidades do Concello e continuaremos o camiño que os compañeiros e compañeiras deste Concello quixeron que iniciásemos hai dez meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario