20/04/12

Escolma de prensa

Nestes días publicouse en distintos medios que a CIG fixo unha reclamación con respecto ao trato discriminatorio en que incorreu o Concello ao pagarlle as axudas aos funcionarios e non aos laborais. Podedes consultalas aquí:

En Avantar

As/os delegadas/os da CIG denuncian a discriminación que practica o Concello de Betanzos co persoal laboral

En El Ideal Gallego

La CIG denuncia la “discriminación” del personal laboral municipal por parte del Ayuntamiento

En Xornal de Betanzos

A CIG denuncia a actitude “déspota” do goberno de García co persoal laboral do Concello

 En La Opinión A Coruña

Personal laboral critica la actitud ´déspota´ del Concello de Betanzos 

 

Logo de que esta información se publicase na prensa o propio alcalde sae ao paso para dicir que si que haberá axudas para os laborais e de que se van pagar, do que nos alegramos enormemente, mais isto en ningún caso exime ao Goberno de incidir nunha discriminación e de que para os laborais só queden os cartos que sobraron das axudas do funcionariado. Se había cartos e o alcalde admite que o Concello decide os criterios a escusa non existe para non pagalas á vez.

 

Por outra banda o que si que queremos deixar claro dende a CIG é que o Comité comunicoulle a súa proposta ao Concello en tempo e forma, que Comité só hai un e unha postura que se lle comunica a través da súa representación legal, e que a esta en ningún momento se lle comunicou nin cando se van pagar nin cal vai ser o procedemento para pagar as axudas, polo tanto o alcalde minte descaramente na prensa ou, quizais, fala sen o coñecemento necesario. Seica dous delegados da UGT chamaron a outros dous delegados do CSIF a unha reunión "non oficial" co concelleiro de Persoal sobre as axudas sociais, ao mellor alí foi onde o Concello facilitou esa información de que fala na prensa, á CIG nin ao Comité non o chamou dende logo, iso, por suposto, dá conta do respecto ás eleccións democráticas que o goberno actual ten 

 

Tomando xa as cousas con humor, porque pouco máis lle pode quedar ao persoal laboral do Concello nestes tempos, calquera día veremos ao goberno dicíndolle aos traballadores e á prensa que é culpa da CIG que nunca houbese oferta de emprego público para laborais neste Concello, que unha grande parte do persoal teña un contrato en fraude de lei, que os funcionarios cobren bastante máis que os laborais, que hai laborais que non cobren a antigüidade ou mesmo que a varias compañeiras se lle denegue o cambio de horario por conciliación laboral e familiar, ah, e por suposto, xa o esqueciamos, que logo de anos e anos non se dese regularizado a situación dos compañeiros do GRUMIR, que se viron obrigados a acudir ao xulgado a pesar das promesas de mellora da situación laboral que arrastraban dende hai moitísimos anos atrás. 

 

Prometer, polo que nos comentan os compañeiros e compañeiras, iso si que sempre se lle deu ben aos distintos representantes políticos que pasaron por esta Administración, agardemos que desta vez pague o goberno as axudas aos laborais e cese nos intentos de crispación que provoca deliberamente con este tipo de discriminacións entre laboriais e funcionarios.


 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario