26/04/12

Revisións médicas

A mediados de marzo o Comité de Empresa, logo de que varios compañeiros e compañeiras do Concello preguntasen polas revisións médicas que o Concello debe realizar anualmente e que levan anos sen se realizar, rexistrou unha solicitude de información con respecto ás revisións médicas. Neste escrito solicitouse información sobre este asunto e sobre as previsións do Concello de realizar revisións médicas correspondentes anuais.

Nos pasados días o delegado de Persoal respondeu a este tema indicándolle ao Comité que as revisións médicas deste ano 2012 está previsto que se realicen no segundo semestre do ano. Agardamos, pois, que logo de varios anos sen revisións o persoal poida volver realizalas neste ano 2012 e informarémosvos puntualmente das novas que teñamos con respecto a este tema.

Ningún comentario:

Publicar un comentario