RECORDATORIO SENTENZA
Aínda que desgrazadamente non é moi
frecuente, segundo unha sentenza da Audiencia Provincial da Coruña,
é posible que se abra un procedemento penal pola posta en perigo da
vida ou integridade dos traballadores aínda no caso de que non
ocorrese ningún accidente.
A sentenza derívase dun deses casos,
cuxo orixe é a paralización dos traballos dunha obra por parte da
Inspección de Traballo por ausencia de proteccións colectivas.
Aínda que a sentenza non ofrece moitos
detalles sobre as circunstancias específicas da obra, das
declaracións dun dos implicados inférense que foi un feito
puntual, de retirada das garantías perimetrais e redes, debido a
labores de desencofrado.
O Xulgado do Penal condenou ao Xerente
da empresa, ao Técnico de Prevención do Servizo de Prevención
Propio (SPP), ao Coordinador de Seguridade e Saúde, e a un cargo
profesional non especificado, ás penas de 5 meses de prisión coa
accesoria de inhabilitación especial para o exercicio da súa
profesión en actividades relacionadas coa prevención de risco
laborais. Posteriormente, a Audiencia rebaixou a pena a 2 meses (que
substituíu por multa) e deixou sen efecto a inhabilitación
profesional.
Aspectos máis relevantes da
sentencia:
1.- Da autoría e a cooperación
necesaria: O Xerente da empresa foi condenado como autor e o resto
como cooperadores necesarios. A consideración como autor ou
cooperador necesario considérase irrelevante a efectos de
determinación da pena, por canto aplicanse as mesmas penas nun ou
outro caso.
2.- Da confirmación da culpabilidade
dos recorrentes:
a) Coordinador de Seguridade e Saúde:
… tendo en conta que o recorrente era o coordinador de seguridade e
saúde durante a execución da obra designado pola promotora, e que
na mesma incumpríanse de modo relevante as medidas de seguridade, o
que determinou a paralización dos traballos pola Inspección de
Traballo, imponse a desestimación do recurso, confirmando a
resolución recorrida. Entre as funcións do coordinador de
seguridade e saúde atópanse as de previr e controlar, real e
efectivamente; que o empresario facilitou e proporcionou os medios
idóneos para garantir a seguridade dos traballadores, identificando
as fontes de risco e, no caso de advertirse e detectarse, non xa só
tratar de neutralizalas inmediatamente, poñendo este feito en
coñecemento do empresario e, mesmo, da autoridade laboral,
chegándose, caso de ser necesario, ata paralizar as obras (neste
sentido sentencia da Audiencia Provincial de Madrid do 21 de marzo de
2011).
b) Técnico de prevención do
SPP: … o recorrente era empregado de EMPRESA, e que lle
correspondía a elaboración do plan de seguridade e saúde e
supervisar a súa aplicación e neste sentido refírese á
declaración da testemuña “X” cando sinala que o recorrente fora
algunha vez pola obra como xefe de seguridade de EMPRESA.
c) Xerente: … O empresario non queda
exonerado polo feito de delegar no xefe en de obra. O empresario que
delega o seu deber de seguridade fai nacer un novo deber no delegado
pero non queda liberado do seu, que só ve transformado o seu contido
no sentido de que o delegante debe vixiar que o delegado cumpra
correctamente co seu deber, e corrixilo se non é así, o que
evidentemente non ocorreu no caso de autos.
3.- Da rebaixa das condenas de prisión
e supresión da inhabilitación profesional: dilacións indebidas e
ausencia de accidente.
A sentenza de instancia aprecia a
circunstancia atenuante de dilacións indebidas como moi cualificada
e rebaixa a pena nun grao. Con todo, tendo en conta o tempo
transcorrido desde os feitos, máis de 10 anos, sen que á data
recaese sentenza firme, e así mesmo considerando que a pesar da
gravidade dos incumprimentos constatados e que determina a
procedencia da condena por un delito do artigo 316 do Código penal,
tais incumprimentos non se materializaron na produción de resultado
lesivo, nin accidente laboral algún de carácter leve sequera,
estímase máis adecuado, en atención ao previsto no artigo 66.1 2ª
do Código penal , a rebaixa da pena en dous graos, impoñendo a
todos os acusados recorrentes as penas de 2 meses de prisión que, en
atención ao previsto no artigo 71 do Código penal , substitúese
pola de 120 cotas de multa, a razón de 6 euros cada unha, e 2 meses
de multa, con idéntica cota diaria.
Por outra banda, en atención a que no
momento dos feitos estaba a traballar na obra unha soa empresa,
estímase tamén adecuado excluír da condena a pena accesoria de
inhabilitación especial para o exercicio da profesión en relación
con actividades de prevención de riscos laborais durante o tempo da
condena.
Conclusión:
Por regra xeral, as dilixencias previas
penais inícianse tras un accidente grave, moi grave ou mortal.
Con todo,como demostran esta e outras
sentenzas, non é necesario que se produza ningún accidente ou dano
persoal ou material para que se inicie un procedemento penal pola
creación do risco para os traballadores.
Así as cousas e como en moitos casos
ocorría no recente pasado, xa non vale esperar a ter a sorte
de que non pase nada; a situación de perigo pode, por se mesma,
comportar condenas penais para os suxeitos implicados.
Fonte: Aspectos xurídicos da
prevención
Ningún comentario:
Publicar un comentario