O Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral (CIG) abre a matrícula para o curso gratuíto de teleformación: Riscos psicosociais dende unha perspectiva de xénero, que dará comezo o vindeiro 3 de novembro de 2020. DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: VENRES 30 DE OUTUBRO ÁS 14:00 HORAS.
O sexo non é un indicador de destreza ou competencia laboral, pero a socialización das persoas en función do seu sexo si afecta de maneira importante á elección e ao desenvolvemento profesional, sendo diferentes para homes e mulleres; ligados a esta socialización, prodúcense numerosos estereotipos de xénero que inflúen, en gran medida, na predilección e as aspiracións profesionais das persoas dende a infancia.
Sen dúbida a inclusión da perspectiva de xénero na xestión das organizacións está relacionada coa saúde laboral, xa que as persoas traballadoras deben desenvolver a súa actividade nunha contorna segura e saudable onde exista unha adecuada prevención de riscos laborais, entre os que se inclúen os riscos psicosociais. Para a devandita prevención é necesario adoptar a perspectiva de xénero xa que os estereotipos de xénero poden afectar á dinámica e produtividade das empresas, así como á saúde e benestar das persoas traballadoras.
A expresión perspectiva de xénero fai referencia a unha forma de entender a relación entre as persoas en función da súa identidade de xénero. Dende esta perspectiva, estúdanse as implicacións da desigualdade entre os xéneros en todas as clases sociais e establécense os cambios que deben levar a cabo para lograr a igualdade e o benestar xeral da poboación.
No ano 1986 a OIT publicou o informe titulado Factores psicosociais no traballo: recoñecemento e control, como un fito no recoñecemento da importancia destes riscos. Neste informe estes defínense como as “interaccións entre o traballo, o seu medio ambiente, a satisfacción no traballo e as condicións de organización, por unha banda, e pola outra, as capacidades do traballador, as súas necesidades, a súa cultura e a súa situación persoal fora do traballo, todo o cal, a través de percepcións e experiencias, pode influír na saúde, no rendemento e na satisfacción no traballo” (OIT, 1986).
CURSO GRATUÍTO DE TELEFORMACIÓN
Riscos psicosociais dende unha perspectiva de xénero
Carga lectiva estimada: 4 horas
Data inicio: 3 de novembro
Data de remate: 6 de novembro
Dereito a certificación
MATRICÚLATE EN:
gabinete@cigsaudelaboral.org ou
Chamando ao teléfono 981359449
(de 10 a 14 horas)
Deberás proporcionarnos:
- Nome e apelidos;
- Documento de identidade;
- Correo electrónico;
- Número de teléfono
- Localidade de residencia e
- Código postal.
Cando esteas matriculado, deberás facilitar dende a plataforma de teleformación a través da cal farás o curso, unha fotografía do teu carné de identidade.
ROGRAMA
TEMA 1
Marco teórico e legal da prevención de riscos laborais dende a perspectiva de xénero.
TEMA 2
Os riscos psicosociais: contexto da saúde laboral e riscos específicos das mulleres.
TEMA 3
Avaliación da perspectiva de xénero e boas prácticas organizacionais
Ningún comentario:
Publicar un comentario