16/11/20

Resumo da reunión da Comisión Paritaria de Igualdade

Hoxe tivo lugar a reunión da Comisión Paritaria de Igualdade cuxos puntos principais eran a presentación dos resultados da diagnose interna  e a revisión do cronograma para a elaboración e aprobación do Plan de igualdade que agora vén regulada polo Real decreto 901/2020 que urxe os prazos para que estea aprobado nos primeiros meses de 2021.

O Concello presentou  uns datos moi interesantes non só fornecidos polo Departamento de Persoal senón tamén como resultado das enquisas realizadas. Se ben só o 17% do persoal cubriu as enquisas e na meirande parte foron mulleres con base a esa diagnose continuará a elaboración do Plan de igualdadade.

A seguinte fase será a das entrevistas nos distintos servizos, cos grupos sindicais e cos representantes políticos coa intención de que en marzo o Concello presente unha proposta de plan de igualdade que se debería aprobar na Comisión Paritaria de Igualdade e levarse ao pleno con posterioridade, para logo rexistralo unha vez aprobado, tal e como exixe a lexislación vixente.

O Departamento de Igualdade realizou un inxente traballo de recompilación de datos que ofreceu luz sobre moitas cuestións e que proximamente nos facilitará polo miúdo e vos achegaremos en canto sexa posible. Se ben é certo que parece que desta volta hai unha clara intención de levar o plan adiante esta contrasta co incumprimento dos acordos que se tomaron na Comisión paritaria anterior.

A flexibilización horaria que vén recoñecida tanto no acordo regulador como no convenio colectivo é unha medida de conciliación que o goberno municipal levan adiando tres anos coa escusa de que non ten implantado un sistema de control do horario que debería estar implantado hai un ano e medio, cando de publicou a norma que obriga a rexistrar a xornada do persoal.

Se ben o goberno local sempre se escusa en que na práctica non hai ningún tipo de problema cos permisos de persoal e as medidas de conciliación, estas deben regularse para poder aplicarse en igualdade de condicións á totalidade dos traballadores, porque do contrario a política de desleixo na implantación efectiva desta medida de conciliación tradúcese en que a non regulación dun dereito do persoal disfrázase como beneficio a determinados traballadores a través seus responsables e redunda e agrava as discriminacións entre quen non ten a posibilidade e/ou capacidade de negociar indivualmente mais si de acollerse aos dereitos que recollen os marcos reguladores de dereitos do persoal.

As medidas de conciliación son un dereito e deben regularse en igualdade de condicións para todo o persoal, máis aínda cando o goberno de María Barral foi quen aprobou o Convenio colectivo e mais o acordo regulador e tamén dixo que non había problema con esta cuestión en varias mesas de negociación e comisións. Se efectivamente non hai problema debería ter fácil solución e non tardar tres anos en regularse, porque resulta bastante lamentable xa que a proximidade cunha parte do persoal leve a pensar que todo o persoal está na mesma situación cando as discriminacións son máis que evidentes e o equipo de goberno é ben coñecedor delas.

25 N Día Internacional contra a violencia de xénero "Descoidar a quen coida é violencia machista"


O TSXG recoñéce o dereito á exención de tributación pola indemnización por despedimento

 Obrígase a tributar cando se volven prestar servizos, en 3 anos, nesa ou noutra empresa do grupo

A Asesoría Xurídica da CIG na Comarca de Compostela vén de gañar un xuízo contencioso-administrativo á Axencia Tributaria no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, onde o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza recoñece ao traballador afectado o dereito á exención de tributación pola indemnización por despedimento. No caso de que un traballador ou traballadora sexa despedido e volte prestar servizos na mesma empresa ou noutra do mesmo grupo nun período de 3 anos, a administración presume que non existe desvinculación real da empresa, agás proba en contrario, e obriga aos traballadores e traballadoras a tributar por dita indemnización.

O traballador esgotara xa todos os recursos administrativos e alentado pola CIG interpuxo un recurso contencioso-administrativo, que finalmente veu dar a razón.

A Axencia tributaria, en todos os casos nos que os traballadores voltan prestar servizo na mesma empresa no período de 3 anos , presume que non hai desvinculación real, e obriga ás traballadoras e traballadores a acudir á vía xudicial, polo contencioso-administrativo. Isto conleva uns elevados gastos para estas traballadoras e traballadores, que teñen que dispor de procurador/a ademais de avogado/a, e aboar as costas xudiciais no caso de perder, o que fai que a maioría “acaben aboando as cantidades que facenda lles exixe por este concepto e desbotan acudir á via contenciosa”.

A CIG-Compostela entende que esta sentenza é de moita importancia para as traballadoras e traballadores, e anima a quen se vexan afectados por esta inxusta norma, a reclamar até o final e demostrar no xulgado a súa desvinculación real para que non ter que tributar pola inmdemnización por despedimento.

As mulleres en actividades de coidado de persoas maiores. Exposición a factores psicosociais en establecementos residenciais e servizo de axuda a domicilio

Este documento técnico presenta o estudo realizado sobre a exposición a factores psicosociais das mulleres que se dedican ao coidado de persoas maiores. En primeiro lugar, recóllense as principais conclusións obtidas a partir da revisión documental realizada na fase inicial do estudo, e posteriormente compleméntase coa información obtida nunha segunda fase de entrevistas a traballadoras do sector.

O coidado de persoas maiores é un sector de actividade en constante crecemento xa que, como consecuencia do progresivo envellecemento da poboación, cada vez máis persoas demandarán asistencia e coidados. Son traballos realizados tanto en centros residenciais como nos propios domicilios das persoas usuarias.

O sector está ocupado maioritariamente por mulleres. Trátase de traballos altamente esixentes, tanto física como psicoloxicamente.

Este documento técnico presenta o estudo realizado sobre a exposición a factores psicosociais das mulleres que se dedican ao coidado de persoas maiores. En primeiro lugar, recóllense as principais conclusións obtidas a partir da revisión documental realizada na fase inicial do estudo, e posteriormente compleméntase coa información obtida nunha segunda fase de entrevistas a traballadoras do sector.

Incluíronse algunhas reflexións sobre as condicións de traballo e os principais riscos psicosociais aos que están expostas as coidadoras no desempeño da súa actividade laboral.

O obxectivo do documento é ofrecer recomendacións sobre posibles medidas preventivas que contribúan a controlar os principais riscos psicosociais no sector.




Máis info en cigsaudelaboral.org

Festivos locais na provincia da Coruña 2021


Superamos as 100 000 visitas! Grazas!

O blogue da Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos superou a pasada semana as 100 000 visitas o que demostra que é unha ferramenta máis necesaria ca nunca para a información do persoal do Concello de Betanzos.

Con nove anos ás costas xa, abrimos no 2001 unha xanela de información na rede que nunca antes existira orientada especificamente ao persoal do Concello mais que co tempo se abriu paso noutros ámbitos e que pretende ser un punto de información sindical para temas específicos do Concello mais tamén xerais de interese para todos os traballadores e traballadoras.

Desde a Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos agradecemos enormemente este seguimento e apoio e seguiremos utilizando esta e outras canles para difundir toda aquela información que lle interesa aos traballadores e traballadoras do Concello de Betanzos.

Moitísimas grazas

Reunión da Comiisón Paritaria de Igualdade