SAÚDE
Segundo
unha investigación publicada en Circulation, a revista da Asociación
Americana do Corazón, experimentar malestar emocional ou un esforzo
físico pesado duplica o risco de infarto, e estar enoxado ou molesto
emocionalmente mentres se realiza algún esforzo físico pesado
triplícao.
No
estudo analizaron os datos de 12.461 pacientes infartados de máis de
52 países, cunha idade media de 58 anos e establece unha asociación
entre o enfado ou o esforzo físico e a aparición dos síntomas de
infarto ao cabo dunha hora.
Os
participantes completaron un cuestionario acerca de se tiveron algún
dos factores desencadenantes durante a hora anterior ao infarto e se
experimentaron algún dos factores desencadenantes á mesma hora
durante o día anterior ao infarto.
Os
autores afirmaron que estes detonantes parecían aumentar de forma
independente o risco de infarto dunha persoa máis aló do exposto
por outros factores de risco, como a idade, o tabaquismo, a
obesidade, a hipertensión arterial e outros problemas de saúde.
Afirmaron tamén que os factores emocionais e físicos extremos teñen
efectos similares no organismo.
Unha
limitación do estudo foi que os participantes tiñan que lembrar os
seus desencadenantes e que tras un ataque ao corazón, unha persoa
pode tender máis a dicir que experimentou un detonante máis do que
diría se non sufrise o infarto cardíaco. Ademais, non se lles deu
aos participantes ningunha descrición exacta de que era estar triste
ou ter un trastorno emocional ou realizar grandes esforzos físicos.
Estes detonantes autodefinidos parecen ter o mesmo efecto en todos os
países e grupos étnicos.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario