A
adopción de medidas eficaces para a inclusión de todos os
traballadores e traballadoras no lugar de traballo é esencial para a
promoción da igualdade e para que a protección dos dereitos
contidos nos estándares internacionais do traballo sexa unha
realidade para todos/as. Esta publicación ten por obxectivo axudar
aos usuarios/as a comprender o concepto de axustes razoables,
describe as medidas de acompañamento, así como os procesos e os
pasos para introducir axustes no lugar de traballo ao longo do ciclo
de emprego e inclúe exemplos prácticos. Os autores deste traballo
sinalan que estes axustes poden ser realizados cun pequeno ou ningún
gasto por parte do empregador/a, e poden achegar beneficios concretos
para empleador/a e traballador/a.
Os
axustes no lugar de traballo implican a realización dun ou máis
cambios que sexan apropiados e necesarios para a adaptación das
características individuais dun traballador/a ou dun candidato/a a
un posto, de maneira que poidan gozar dos mesmos dereitos que outros
traballadores/as. "A denegación de axustes razoables no lugar
de traballo pode constituír unha forma de discriminación. Esta
ferramenta de orientación é idónea para todas as empresas e
pretende axudar aos empleadores/as, en especial, das pequenas e
medianas empresas para proporcionar unha contorna de traballo
inclusivo" declarou a Xefa do Servizo de Principios e dereitos
fundamentais no traballo.
A guía,
aínda que recoñece que a necesidade de realizar adaptacións
razoables pode presentarse nunha diversidade de situacións,
concéntrase en catro categorías específicas de traballadores/as:
- Traballadores/as con discapacidade
- Traballadores/as que viven con VIH
- Traballadoras en situación de embarazo e traballadores/as con responsabilidades familiares
- Traballadores/as dunha determinada relixión ou crenzas
Acceso á
Guía Promoting diversity and inclusion through workplaceadjustments: A practical guide (en inglés).
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario