Dende a
central denuncian que CCOO, UGT e CSIF están a negociar á marxe da
Mesa Xeral de Administracións Públicas
A
CIG-Área Pública (CIG-Administración, CIG-Ensino e CIG-Saúde)
denuncia as negociacións que están desenvolvendo os sindicatos
estatais CCOO, UGT e CSIF -a marxe da Mesa Xeral de Administracións
Públicas- co Ministerio de Facenda e rexeita a proposta que se vén
de facer pública de vincular os incrementos salariais ao PIB.
A
CIG-Área Pública denuncia, máis unha vez, a actitude das
organizacións sindicais estatais CCOO, UGT e CSIF “por prestarse a
negociar a marxe da Mesa Xeral de Negociación das Administracións
Públicas excluíndo e suplantando de xeito indigno a organizacións
sindicais, como a CIG, que contan con representación tanto nesa mesa
como nas distintas mesas sectoriais”.
Neste
sentido, a portavoz da Área Pública, María Carme López
Santamariña, denuncia que é “escandaloso” tanto o seu
“colaboracionismo co goberno do PP, como que acepten unha fórmula
de negociación que favorece a pretensión que este ten de
baleirar de contido unhas mesas que foron concibidas para que no seu
seo se negocien todas as cuestións relativas a condicións laborais,
salariais e sociais das empregadas e empregados do sector público e
non como simples expositores dos acordos aos que entre eles chegaran
previamente”.
De
feito, a portavoz da Área Pública considera que CCOO, UGT e CSIF
actúan deste xeito coa pretensión de acaparar a representatividade
porque saben que en Galiza perden cada día máis terreo fronte
organizacións sindicais como a CIG. Así lembra que en Sanidade a
CIG conta con 57 delegados/as e que por detrás a que máis se lle
aproxima desas tres é CCOO con 20 delegados/as menos; que a CIG é a
central sindical maioritaria no ensino público non universitario,
onde ten o 46% de representación, case a maioría absoluta, e que na
administración a CIG, cunha representatividade do 54,05%, supera a
todos os demais sindicatos xuntos.
Esta
condición de forza sindical maioritaria no ámbito da función
pública que a CIG ten no noso país “nunca foi empregada do mesmo
xeito que estas organizacións fan a nivel do Estado, respectando en
todo momento o papel e a representatividade de cadaquén no único
foro válido, o das mesas de negociación”, subliña.
Recuperación
salarial
A Área
Pública da CIG denuncia ademais a “falta de comunicación,
transparencia e información” respecto das negociacións que se
están desenvolvendo, relativas tanto a incrementos salariais como a
condicións laborais e sociais e rexeita que se vinculen ao PIB os
incrementos salariais futuros. Entende que iso non permitirá
recuperar os dereitos laborais suprimidos nin as condicións
salariais recortadas. Recortes iniciados polo goberno de Zapatero en
2010, cunha rebaixa do 5% da masa salarial, e que seguiron tanto co
goberno de Mariano Rajoy como co de Feijoo, co agravante de que os
recortes aplicados pola Xunta de Galiza foron superiores aos do resto
do Estado.
A CIG
reclama ademais que en calquera negociación que se aborde respecto
da situación laboral e salarial do funcionariado se teñan en conta
cuestións como a recuperación dos fondos de acción social, a volta
á xornada laboral anterior ou a recuperación do complemento do 100%
nos casos de IT, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario