O
Xulgado do Social número 2 de Cádiz condenou á Deputación de
Cádiz a asumir o recargo das prestacións, na porcentaxe do 50%, de
todas as prestacións que recibiu e recibirá por mor das lesións
sufridas en 2013 ao caer dunha estada cando estaba a realizar unha
obra promovida pola Institución Provincial. Aínda que a Inspección
de Traballo exculpou á Deputación, o xuíz considerou que se
imcumpriu a normativa de prevención de riscos laborais.
O
accidente tivo lugar en abril de 2013, cando o traballador
accidentado caeu dunha estada ao romper a plataforma sobre a que
estaba traballando; segundo a sentenza, a estada "xa tiña unha
deficiencia apreciable por quen a monta, considerando que era vella e
con mofo". A consecuencia da caída o traballador fracturou unha
boneca, estivo de baixa máis de 700 días e finalmente foille
recoñecida unha incapacidade permanente absoluta. A pesares de que
houbo un acordo de indemnización de 55.000 euros por danos e
prexuízos entre o traballador e a aseguradora da Deputación, o
traballador presentou unha demanda no Xulgado do Social na que
reclamou que a Deputación fose condenada ao abono do recargo das
prestacións derivadas do accidente.
Na
sentenza o xuíz explica que a empresa cualificou o accidente como
leve polo que non deu conta á Inspección de Traballo, que fixo un
informe sobre o ocorrido dous anos despois, baseándose nas
declaracións do encargado e de dous técnicos da empresa, sen ter en
conta ao traballador accidentado nin a testemuña inmediata que
estaba na estada xunto co demandante. A inspección de Traballo
considerou que non había infracción de normativa por parte da
Deputación e que esta elixiu un equipo de traballo adecuado e
correcto para a montaxe de estadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario