PSICOSOCIAL
Segundo datos do estudo
“The Workforce in Europe 2018”, realizado pola axencia
independente de estudos de mercado Opinion Matters para ADP, provedor
global de solucións de Xestión do Capital Humano, o 14 % dos
empregados cren que a súa empresa non se interesa en absoluto pola
súa saúde mental, un 34 % din que a súa empresa ten pouco
interese, o 46 %, opina que a súa empresa interésase, e tan só o 6
% di que a súa empresa ten “un gran interese”.
Os datos indican que un
18 % dos/as traballadores/as europeos aseguran soportar tensións
diariamente, e un 30 % séntense tan tensos que están a pensar en
buscar un novo traballo.
A tensión parece
diminuír a medida que o traballador/a vaise facendo maior. Máis dun
terzo (37 %) do grupo de idade de 16 a 24 pensa en cambiar de posto
debido á tensión, en comparación con só un 17 % do grupo de idade
de máis de 55.
En xeral as mulleres
parecen sufrir tensións con maior frecuencia. Case una de cada cinco
(19 %) di sentirse tensa cada día, en comparación co 16 % dos seus
colegas homes.
Segundo o director de ADP
Iberia, "Os empregados que soportan un alto nivel de
tensión están en perigo de sufrir a síndrome de desgaste
profesional ou, mesmo, de enfrontarse a problemas de saúde mental
máis graves que non só afectarán o seu rendemento, senón tamén á
súa traxectoria profesional e a súa vida persoal durante un longo
período de tempo. Por tanto, axudar aos empregados para xestionar a
tensión e poñer en marcha unha rede de protección antes de que se
agraven os problemas vai en beneficio dos empregadores".
As conclusións do estudo
poñen de relevo o impacto dos recortes de persoal e financiamento no
sector sanitario, sector no que un 35% dos traballadores/as
enquisados manifesta que o seu empregador/a non mostra interese pola
súa saúde mental.
Este estudo foi encargado
co fin de ofrecer unha visión profunda de cuestións como son o
optimismo e a fidelidade, a preparación e a proxección profesional,
os retos da produtividade, a tecnoloxía e a automatización, o
benestar e a discriminación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario