O pasado xoves constituíuse o Comité de Seguridade e Saúde do
Concello de Betanzos do seguinte xeito:
Polo Concello: Diego
Fernández (presidente), Andrés Hermida (vogal) e Daniel
Pereiro(vogal)
Polos traballadores:
Alberto Fernández (delegado de prevención/CSIF) (vogal) , Mónica
Bóveda (delegada de prevención/CSIF) (vogal) e José Angel Montes
(delegado de prevención /CSIF) (secretario) , Silvia Muíño
(Sección sindical CIG), Pedro Rodríguez (Sección sindical CSIF)
Por parte da CIG
asistiu, ademais o noso asesor de saúde laboral, e comezamos
que se só se designaban 2 delegados de prevención en
representación do persoal laboral entendiamos que se estaba
incumprindo: o artigo 35 da Lei de prevención de riscos laborais e o
artigo 55 do Convenio Colectivo do Persoal Laboral, tal e como xa
manifestamos no Comité de Empresa correspondente, e que queriamos
que constase en acta que se o Comité estaba mal constituído
calquera acordo que se tomase podería ser inválido.
Con respecto a esta
cuestión e ante as discrepancias, non só entre a CIF e a CSIF senón
pola parte do Concello, acordouse pedir un informe ao respecto para
aclaralo. En todo caso, o que resulta incomprensible é esa teima da
CSIF e da UGT por quitarlle un delegado de prevención ao persoal
laboral, cando realmente e tendo maioría no Comité de Empresa, nin
sequera tería porque ser ese terceiro delegado da CIG, tal e como
propuxemos nós e como sería xusto en función dos resultados das
eleccións sindicais, mais o que está claro é que esa decisión non
agocha máis que un sentimento de reducir a representación do
persoal laboral en calquera organismo, demostrando que a CSIF a quen
defende é ao funcionariado.
Canto ao Plan de
continxencia da COVID-19 no Concello de Betanzos que se presentaba no
Comité de Seguridade e Saúde, a CIG sinalou que no plan de
continxencia faltan os seguintes centros de traballo: cemiterio, CEIP
Francisco Vales Villamarín, Centro social da terceira idade,
Embarcación municipal, así como distintos postos de traballo
en determinados edificios
Na reunión ficou
claro que os membros do Comité de Seguridade e Saúde deben ser
informados en todo momento das decisións tomadas no Comité de
Coordinación e Seguimento da Covid-19 e enviarán as actas con todas
as decisións para o noso coñecemento.
Así mesmo, a CIG
indicou que se debe elaborar un regulamento ou unhas instrucións que
indiquen a quen lle comunican os traballadores que teñen síntomas e
como, se hai ou non algún tipo de consecuencia pola non asistencia,
xa que no documento fala da non asistencia ao traballo por presentar
síntomas, mais tamén por ter estado en contacto con persoas
diagnosticadas.
Con respecto á
limpeza consideramos que deben especificarse máis os protocolos
de limpeza, especialmente nos lugares de máis uso polos
traballadores e polo público, ademais, isto debería facerse
por edificios, porque non son o mesmo unhas oficinas administrativas
que, por exemplo, unhas aulas como as do conservatorio ou a Escola
Infantil. Tamén indicamos que no persoal de limpeza non se
fixeron quendas, coma nos casos de conserxes, cando hai persoal que
está na casa e sempre limpou a mesma persoa en dependencias.
Ficou claro logo
desta reunión e con este plan que estamos ante unha nova
etapa na que a desinfección de cada espazo de traballo como medida
de seguridade pasa porque cada un dos traballadores asuma un
papel activo nesta, xa que aínda que a limpeza xeral se reforce isto
non exime que cada vez que toquemos unha maneta dunha porta, usemos
unha fotocopiadora ou toquemos un espazo común teñamos que
desifectalo nós mesmos; o mesmo cos vehículos oficiais que
deberán ser desinfectados antes das quendas, ou a recepción de
paquetes, cun protocolo específico que consta no Plan de
continxencia.
Polo que respecta ás
traballadoras de axuda no fogar e mais da escola infantil
consideramos que deberían estar encadradas no grupo de exposición
de risco porque hai un contacto estreito e non se pode manter a
distancia con casos posibles, que ben poden ser asintomáticos. Neste
documento o Concello aplica os grupo de risco que existen na
actualidade e encaixa aos traballadores do seguinte xeito:
Exposición de
risco: ningún traballador
Exposición de baixo
risco: auxiliares de axuda no fogar e traballadoras de Servizos
Sociais
Baixa exposición ao
risco: o resto do persoal
Con respecto a isto,
o Servizo de Prevención explicou que aplica o recollido ata o
momento e non aceptou que se encaixe outro persoal en “exposición
de risco”.
Canto ás medidas
organizativas do Plan non se detallan que non se ten en conta a
próxima desescalada que xa foi aprobada polo goberno do Estado e que
cambiaría algún dos aspectos do plan, xa que proximamente comezarán
a abrir os distintos centros de traballo. De feito fálase da
recomendación do teletraballo, cando en realidade é unha obriga,
mais que se dote ao persoal de xeito oportuno e en igualdade de
condicións, non como na actualidade.
Finalmente o plan
non se someteu a aprobación e acordouse que se terían en conta
algunhas das achegas realizadas no Comité para a mellora e que no
momento que estivese a redacción definitiva se enviaría a todos os
traballadores e traballadoras por correo electrónico. Tamén se
indicou que calquera traballador que tivese calquera dúbida
relacionada cos equipos de protección individual podía poñerse en
contacto co Concello en calquera momento que llo explicaría por
correo ou teléfono.
O concelleiro
informou das seguintes medidas que se están a tomar e/ou estudan
posibilidade, en función da dispoñibilidade:
-Colocación de
mamparas en todas as mesas con e sen despacho cun espazo no interior
para o intercambio de documentación.
-Marcación no solo
das distancias de seguridade e eliminación de cadeiras nas salas de
agarda.
-Hidroalcol en todas
as mesas, dependencias e coches municipais.
-Fornecemento de
máscaras FPP2, luvas, pantallas protectoras, semimáscaras, buzos
antisalpicaduras, batas e máquinas de ozono para a limpeza.
-Realización de
test aos traballadores e traballadoras.
-Reforzo da limpeza
con desinfección exhaustiva en todos os edificios (por acumulación
de tarefas ou empresa)
-Control da entrada
nos edificios con indicacións para a hixiene de mans e manter a
distancia
-Previsión temporal
de desescalada dos distintos postos de traballo cando se publique no
BOE toda a información.
Tamén informou de
que non houbo ningún caso positivo entre o persoal municipal.
Na quenda de
intervencións a CIG solicitou se cumpra a legalidade vixente na
periodicidade das reunións do Comité de Seguridade e Saúde, e que
agora máis ca nunca, esteamos continuamente informados.
Así mesmo,
solicitamos que na próxima reunión do Comité de Seguridade e
Saúde se traten os seguintes temas que levan xa tempo
pendentes: aprobación do protocolo contra o acoso
laboral, coordinación de actividade preventiva con empresa de
limpeza, de xardinaría e axuda no fogar, catálogo de postos
que teñen EPI e EPI que se lles facilitaron aos traballadores,
nforme sobre as baixas laborais e seguimento do plan de
continxencia da Covid-19.
Finalmente a CIG
rexistrará estes días máis propostas para o plan de continxencia e
solicitará que as medidas de acompañen dunha planfificación da
actividade preventiva que as desenvolva e que se concrete segundo os
artigos 8 e 9 do RD 39/97 dos servizos de prevención, que deben
determinar os prazos de execución e a persoa responsable da súa
implementación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario