A Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos quere amosar publicamente o apoio aos traballadores e traballadoras do complexo deportivo do Carregal nas súas reclamacións fronte á concesionaria Itude SL.
Segundo indican, o administrador da empresa está pendente de que o Concello resolva a indeminización pendente para poder solucionar os problemas económicos, polo que desde a CIG do Concello de Betanzos urximos ao Concello de Betanzos a que axilice de xeito inmediato os trámites necesarios para resolver esta tramitación e que o persoal tamén poida así cobrar os salarios adebedados e volver á normalidade.
A sección sindical da CIG ofreceulle o seu apoio ao persoal das instalacións, lamenta que teña chegado esta situación que acumula dos meses traballados sen cobrar e agarda que se solucione canto antes en beneficio do persoal da concesionaria do Concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario