Diversos estudos e traballos científicos teñen evidenciado que a actividade dos sindicatos de clase en materia preventiva realizada polos seus delegados/as, afiliados e as súas estruturas técnicas de apoio e asesoramento en materia de prevención, inflúen e repercuten moi positivamente na mellora da seguridade e das condicións de traballo nas empresas, propiciando o que se deu en chamar “o efecto sindicato”, que demostra que cando nas empresas existen delegados/as, afiliados/as apoiados por estruturas técnicas de prevención das organizacións sindicais, multiplícanse as intervencións e propostas de mellora das políticas e actuacións de prevención de riscos laborais nas empresas, con resultados significativamente máis positivos que cando estas estruturas non existen nin participan.
1. Desigualdade, traballo e xustiza social.
2. Risco químico: fichas de datos de seguridade.
3. Axentes canceríxenos no traballo. Síntese de directrices da Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA).
4. Real Decreto 427/2021, do 15 de xuño, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección das persoas traballadoras contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.
5. Nanotecnoloxía: un risco de difícil prevención.
6. A xornada laboral de catro días.
7. Sindicalismo e prevención.
Ningún comentario:
Publicar un comentario