14/02/12

O Concello dálle a razón á CIG e comprométese a recuar na vindeira Mesa Xeral de Negociación

Logo de que o pasado martes se constituíse a Mesa Xeral de Negociación e que CSIF, CCOO e UGT votasen a favor da proposta do Concello, que supoñía quitarlle representación ao persoal laboral e aos dous sindicatos que o representan, a pesar de que, tal e como propuxo a CIG e recolle a lei, os votos na mesa teñen que ser en función da representatividade obtida nas pasadas eleccións sindicais, o Concello recuou, e chamou á representación da CIG para indicarlle que a asesoría xurídica fixera un informe que indicaba que o correcto na Mesa de Negociación era que os sindicatos estivesen en función da representatividade, é dicir, QUE LLE DABA A RAZÓN Á CIG. O que queda claro con este avance é que A CIG É O ÚNICO SINDICATO QUE DEFENDE AO PERSOAL LABORAL coa lei na man e ao Concello, por moito que lle pese, non lle queda máis que aterse a ela.

Cómpre dicir que o Concello deulle outra volta ao tema logo de que na Mesa de Negociación de funcionarios do día seguinte dende a representación da CIG se lle indicase que no momento en que lle entregasen a acta da constitución da Mesa Xeral se tomarían as medidas legais oportunas para garantir o cumprimento da lei canto a representación na constitución da Mesa Xeral de Negociación. Moi significativo é tamén que os sindicatos que representan aos compañeiros funcionarios que no día anterior se posicionaran, xunto coa UGT, en contra da proposta da CIG, virasen repentinamente e cambiasen de criterio drasticamente ao se tratar da representación do funcionariado, onde si que reclamaban que esta fose en función dos resultados das eleccións dos funcionarios. Debido a isto, nas mesas convocadas a semana pasada quedou claramente demostrado quen é cada quen, e a CIG foi a única que defendeu o mesmo criterio e non virou a chaqueta segundo lle conviña.

Dende a Sección sindical da CIG consideramos penoso que os propios compañeiros de ugt votasen a favor da proposta do Concello e en contra do que marca a lei e máis aínda cando na reunión ordinaria do Comité de Empresa do mes de febreiro admitiron que o único motivo que os levou a apoiar ao Concello foi ir en contra da proposta da CIG á marxe de que esta fose beneficiosa para todo o persoal laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario