Solicitude que se rexistrou no Concello lembrando toda a documentación que o Concello non lle facilita ao Comité de Empresa logo de oito meses de innumerables peticións rexistradas e dirixidas ao alcalde. Meses e meses sen resposta e con continuas boas palabras por parte do Concello que na práctica se reducen á ocultación da información provocan que o Comité de Empresa non teña un coñecemento polo miúdo da situación laboral de todo o persoal desta Administración, aínda así, non perdemos a esperanza de que o Concello recapacite e non nos siga a obrigar a xudicializar o conflito laboral latente neste Concello.
Solicitude Comité documentación
Ningún comentario:
Publicar un comentario