O camiño cara á FOLGA XERAL convocada o vindeiro 29 de marzo prosegue, estes días a CIG rexistro na Consellería de Traballo a convocatoria de folga á que se suman os compañeiros da CNT, CGT e CUT e o vindeiro 22 de marzo están convocadas concentracións contra a reforma laboral ás 20:00 h en varios concellos entre o que está o Concello de Betanzos, onde a concentración será na praza da Constitucións.
Ademais, e logo que varios compañeiros nos preguntasen algunhas dúbidas con respecto a como exercer o dereito a folga cómpre aclarar varias cuestións:
- O dereito á folga é un dereito recoñecido constitucionalmente.
- Os traballadores non teñen a obriga de comunicarlle á empresa que realizarán folga.
- Servizos esenciais ou mínimos: ao se tratar esta administración dun servizo público poderá fixar uns servizos mínimos mais en todo caso negociándoos co Comité de Empresa e sempre que atendan a servizos esenciais .
- No caso de se fixar os devanditos servizos mínimos, que sempre terán que corresponder a departamentos que realizan funcións de recoñecida e inaprazable necesidade, o Concello deberalle comunicar por escrito ao traballador, logo da pertinente negociacións cos seus representantes sindicais, que forma parte do cadro de servizos mínimos durante a xornada de folga.
Dende a CIG consideramos que esta folga está máis xustificada que nunca, logo de anos de agresivas reformas laborais e esta reforma supón unha desregulación absoluta das condicións de traballo dentro da empresa, tanto no relativo ás funcións que pode desempeñar o traballador, como na xornada, o horario ou o sistema de rendemento, dándolle prioridade absoluta ás necesidades da empresa sobre os dereitos dos traballadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario