O
coordinador de seguridade dunha empresa de construción foi condeado
a un ano e seis meses de prisión despois de que un traballador
falecese en 2008 tras caer desde seis metros de altura cando
traballaba nas obras dun invernadoiro. Na sentenza, o Xulgado do
Penal 1 de Motril atribúelle a autoría dos delitos de homicidio
imprudente e contra o dereito aos traballadores e inhabilítao para a
profesión de construtor durante tres anos.
Ademais,
imponlle unha multa de 1.080 euros e obrígalle a indemnizar á
muller do falecido con 103.390 euros, e a cada un do tres fillos que
tiña con 43.079 euros.Durante a realización da obra, o
acusado omitiu
a colocación de medidas preventivas colectivas como
redes de protección e plataformas elevadoras mecánicas, entre
outras, polo que dispuxo un método
de traballo "inseguro" que
orixinou un grave risco para a vida e a integridade física dos
traballadores, sinala a sentenza. Como consecuencia diso, un dos
traballadores precipitouse desde unha altura de seis metros, o que
lle provocou a morte por traumatismo cranioencefálico.
Fonte:
www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario