A representación de CIG
e ELA no Consello Económico e Social emitiu un voto particular ao
ditame sobre o Anteproxecto de Lei Ordenadora do Sistema de
Inspección de Traballo e Seguridade Social, ao entender que o
Goberno español pretende, mediante este mecanismo, coartar a
transferencia das competencias en materia de inspección laboral ás
autonomías, pois non se estabelece mecanismo nin procedemento algún
para futuros procesos de transferencia da Inspección de Traballo e
Seguridade Social. A este respecto, cómpre lembrar que no seu
momento Galiza solicitou a transferencia desta competencia, mais coa
nova reforma esta vía queda pechada.
Outra das propostas novas
recollidas no Anteproxecto de Lei refírese á representación
institucional das organizacións empresariais no Consello Xeral da
Inspección de Traballo, seguindo o coñecido criterio da
representación tripartita –administración, entidades empresariais
e organizacións sindicais- que xa se dá noutros ámbitos máis
xerais como o da Seguridade Social, os servizos públicos de emprego
ou de saúde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario