Instituto
de Saúde Pública e Laboral de Navarra
Os
resultados da Enquisa indican que en relación a riscos tradicionais
no ámbito laboral a situación é mellor que en anos anteriores; así
mesmo, disminue a percepción que traballadores/as teñen de estar
expostos a riscos de sufrir un accidente, incrementándose o risco de
accidente de tráfico, ser vítima dun atraco ou dunha agresión
física externa derivados da actividade laboral.
As
agresións verbais roldan o 11%; o 2% dos enquisados/as afirma
que sufriu un ataque no ano anterior; as condutas hostís e violentas
varían en función do sector, destacando o sector sanitario,
docente, hostaleiro, comercio ou condución, que presentan unha
porcentaxe maior do 10%.Segundo os datos obtidos, o 43% dos
enquisados prolonga a súa xornada laboral, pero o 20% non recibe
compensación algunha, nin en tempo libre nin en remuneración
económica. O 27% dos enquisados indica que non hai presenza de
delegados ou o descoñece que exista.
Non
sempre se observa nas empresas a corrección dos riscos detectados,
xa que menos da metade das empresas aplican medidas correctoras.Os
mayores problemas de saúde percibidos son óseos, musculares ou
ergonómicos, seguidos dos psicosociais: un 20% dos enquisados/as
manifesta problemas de saúde asociados á exposicións psicosociais
como tensións, ansiedade, nerviosismo ou insomnio.Dende o Instituto
de Saúde Pública e Laboral de Navarra, indicouse que a emquisa foi
realizada a persoas ocupadas de 16 ou máis anos de todas as
actividades económicas, e que se realizaron 2.744 entrevistas cun
nivel de confianza do 95,50%.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario