Un
Xulgado de Granada condena ao Servizo Andaluz de Saúde, SAS, a
recoñecer a un médico de familia a incapacidade permanente absoluta
causada polo infarto sufrido logo da ansiedade xerada por problemas
tecnolóxicos no seu computador. No fallo sublíñase que o infarto
agudo de miocardio sufrido polo médico debe considerarse accidente
de traballo porque "os seus síntomas empezaron a manifestarse
no seu centro de traballo e en horario laboral".
O
SAS emprega un sistema informático para a xestión da información
de saúde de cada cidadán; segundo a demanda, o facultativo estaba a
pasar consulta no centro de saúde; os continuos fallos no computador
e na impresora do facultativo provocaron un considerable atraso na
atención aos pacientes de tal xeito que á hora na que tiña que
abandonar o despacho no que se realizaba a consulta, pois comezaba o
turno de tarde, aínda quedaban na sala de espera bastantes
pacientes.
A
situación provocou no facultativo un cadro de sintomatoloxía
vexetativa como sudoración, opresión torácica e malestar xeral.
Foi asistido polos seus compañeiros, que lle aconsellaron que
abandonase a consulta e marchásese á súa casa. Nas horas
posteriores o cadro vexetativo reproduciuse no seu domicilio, sendo
atendido polo servizo de Urxencias e posteriormente evacuado a un
hospital, onde se lle dignosticou infarto de miocardio, feito que
provocou a súa baixa laboral.
Os
médicos que testificaron no xuízo explicaron que o "programa
informático non ía ben", o que provocaba que os pacientes se
impacientaran polo atraso na atención sanitaria; un dos facultativos
comentou que os enfermos chamaban constantemente á porta da consulta
e, mesmo, abríana interrompendo a exploración realizada a outro
paciente
O
maxistrado, indica no fallo que "o facultativo sufriu durante o
seu horario laboral e dentro do seu lugar de traballo unha
sintomatoloxía premonitoria de infarto, motivo polo que non puido
terminar de pasar consulta", quedando acreditado "o
nexo causal entre a lesión producida e o lugar de traballo". A
sentenza lembra o artigo 115 do Texto Refundido da Lei Xeral de
Seguridade Social: "Salvo proba en contra, son constitutivos de
accidente de traballo as lesións que sufra o traballador durante o
tempo e lugar de traballo".
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario