O
Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) de Andalucía admite que un caso
de bournout se considere un accidente de traballo. Así, concede a
incapacidade permanente total a unha traballadora, directora de
fábrica, que padecía esta síndrome a resulta dun estrés laboral
crónico ou frustración prolongada, como consecuencia da forma en
que desempeñaba a súa actividade, sempre de forma exhaustiva,
autoesixente e con gran responsabilidade.
Por
motivos relacionados coa produción a traballadora foise
quedando sen funcións, sen que conste situación de acoso laboral;
esta situación orixinoulle diversas situacións de baixa temporal e,
finalmente, incapacidade permanente total, todas por enfermidade
común, contra o que interpuxo recurso ao considerar que eran de
orixe laboral. A súa petición foi desestimada en primeira
instancia, admitindo o TSX de Andalucía o recurso e declarando
finalmente que as mencionadas incapacidades son de orixe laboral.
Na
sentenza o TSX de Andalucía indica que : “… o fundamental é
delimitar a causa da enfermidade, resultando que a mesma pode ter
unha causa laboral, mesmo aínda que non se aprecie conduta ilícita
da empregadora“. Así resolve que: “esta Sala considera que unha
traxectoria como a da demandante, cunha situación permanente de
autoesixencia e responsabilidade aproveitados pola empresa (sen que
esta afirmación respecto da empregadora no contexto no que incluímos
supoña unha crítica ou desvalor), para manter unha axeitada xestión
dos seus servizos, (en palabras dos traballadores que accederon ao
relato fáctico, a actora era ” a alma da empresa”) non pode
estrañar que conduza tras moitos anos de intensidade, e nun momento
de cambios, a unha situación como a denominada “ burn out”.”
Realízase mención a que a personalidade da traballadora non
inflúe na súa decisión: “Resta por indicar que o feito de que a
actora presente trazos de personalidade anancástica [esixencia
excesiva consigo e cos demais], non é suficiente neste contexto e
cos antecedentes descritos, para excluír o nexo causal da patoloxía
co traballo e así mesmo de forma exclusiva como esixe o precepto
analizado.”
Ligazón
á sentencia do TSX de Andalucía, de 29 de junio de 2017.
Máis información en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario