O Concello de Betanzos convoca un curso para o persoal do Concello "de informática e correo electrónico", onde se explicarán pautas básicas para acceder ao correo electrónico e descargar documentos.
Este curso é especialmente importante porque, segundo informan, en breve o Concello deixrá de imprimir as nóminas en papel e o persoal tan só as recibirá por correo electrónico.
O curso será o vindeiro 27 de novembro entre as 10:00 h e as 12:00 h na Aula Cemit.
Para calquera dúbida podes consultar en cemit.betanzos@xunta.es ou no 981770 011 (ext. 2401).
Ningún comentario:
Publicar un comentario