A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para inscribirse nos cursos do Plan de formación agrupado 2018 que organiza a Deputación da Coruña e que van dirixidos ao persoal das entidades locais da provincia.
As solicitudes presentaranse a través da plataforma telemática Subtel. Para acceder a esta plataforma cómpre ter unha conta de correo activa no Directorio público local.
Toda a información relativa a esta convocatoria está dispoñible na web de Formación www.dicoruna.es/formacion que conta cos seguintes apartados:
Bases da convocatoria
Información dos cursos que se van realizar. Premendo no botón "info" abrirase una ventá con toda a información de cada acción formativa. É moi importante que se fixe nos contidos, destinatarios, sedes e calendario/horario de cada curso. Tome nota dos códigos e títulos dos cursos que lle interesan para poder facer a solicitude na plataforma Subtel.
Compensacións horarias aprobadas na Mesa de Formación (só para o persoal da Deputación).
Información sobre o novo procedemento de matrícula a través da plataforma Subtel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario