Risco psicosocial
Nun estudo levado a cabo por
investigadores da Facultade de Saúde e Benestar da Universidade de
Jönköping (Suecia), revela que as persoas que padecen estrés
laboral teñen un risco un 48% superior de padecer fibrilación
auricular e, polo tanto, unha maior probabilidade de acabar sufrindo
un infarto ou un ictus.
Os datos proveñen do seguimento,
durante unha media de 5,7 anos, da evolución de 13.200 traballadores
que, sen historial de insuficiencia cardíaca, infarto de miocardio
ou fibrilación auricular, responderan a distintos cuestionarios
sobre a súa saúde, hábitos de vida e condicións laborais con
motivo da súa participación na Enquisa Ocupacional Lonxitudinal de
Saúde de Suecia (SLOSH) no ano 2006, 2008 ou 2010.
Na enquisa defínese o estrés no
traballo como o desempeño dunha ocupación na que se combinaban unha
alta demanda psicolóxica e un baixo control sobre a situación
laboral. E para avaliar o grao de estrés ou ‘tensión’ laboral,
a enquisa incluíu cinco preguntas sobre o nivel de demanda e seis
sobre o grao de control, entre outras: ‘Ten que traballar moi duro
ou moi rápido?’, ‘Ten tempo suficiente para completar as tarefas
asignadas?’, ‘O seu traballo é máis ou menos monótono?’ e
‘Pode decidir que facer no seu traballo e como facelo?’.
Durante o seguimento diagnosticáronse
un total de 145 casos de fibrilación auricular. E de acordo cos
resultados, sentirse tenso no traballo aumentou en ata un 48% o risco
de desenvolver este tipo de arritmia cardíaca.
Cales son os traballos que provocan
tensións? Segundo recolle a definición contemplada no estudo,
aqueles en os que o traballador/a sentese psicoloxicamente esixido e
apenas ten control sobre a maneira de levalo a cabo. E entre outros
oficios, os autores citan aos traballadores/as nas cadeas de montaxe
das fábricas, os condutores de autobús e o persoal de Enfermería.
Como indica a directora da investigación, «necesitamos xente que
desempeñe estes traballos, pero os empregadores/as poden axudar ao
asegurarse de que a persoal conta cos recursos necesarios para
completar as tarefas asignadas. Os xefes/as deberían programar
descansos e escoitar as propostas dos empregados sobre como mellorar
o seu traballo e a contorna laboral».
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario