O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG vén de solicitarlle ao Concello que lle dea cumprimento aos acordos tomados nas reunións da Comisión Paritaria do 18
de xullo de 2017, 9 de abril de 2018, 11 de maio de 2018 e 21 de xuño
de 2018. Na solicitude rexistrada na sede electrónica, lembroulle o seguinte:
PRIMEIRO.
Que na Comisión Paritaria Mixta do Convenio Colectivo do persoal
laboral do do 18 de xullo de 2017,
9 de abril de 2018, 11 de maio de 2018 e 21 de xuño de 2018
tomáronse unha serie de acordos sobre diversos aspectos do
Convenio colectivo en vigor que están pendentes de modificarse.
SEGUNDO.
Que o artigo 13.2. do Convenio colectivo vixente indica os prazos de
resolución da Comisión Paritaria e esta ten varias cuestións
pendentes de resolver fóra dos prazos marcados no devandito
convenio.
TERCEIRO.
Que estas modificacións do Convenio colectivo, segundo indicou o
propio Concello, deben aprobarse polo pleno da Corporación para a
súa posterior entrada en vigor e ata onde temos coñecemento non se
levaron para tratarse no devandito órgano.
CUARTO.
Que este Comité de Empresa leva máis dun ano intentando resolver os
problemas derivados da interpretación unilateral que o Concello de
Betanzos fixo do Convenio colectivo do persoal laboral no momento que
entrou en vigor (7 de abril de 2017), tal e como consta en múltiples
solicitudes, así como nas catro reunións da Comisión Paritaria nas
que nos temos xuntado sen que ata o momento o Concello continuase cos
pasos oportunos para que as modificacións mencionadas se fagan
efectivas.
QUINTO.
Que entendemos, tal e como indica o propio Convenio colectivo, que a
Comisión Paritaria Mixta de Control e Seguimento é o órgano
encargado de interpretar a totalidade dos artigos e cláusulas do
Convenio e resolver aquelas cuestións que sexan sometidas polas
partes, mais o Concello de Betanzos teima en que a interpretación
das cláusulas non é suficiente e é precisa unha modificación do
Convenio para facer efectiva esta interpretación e isto é o que
leva dilatando máis dun ano a aplicación dos criterios acordados
cun prexuízo para os traballadores e traballadoras afectadas pola
interpretación unilateral que o Concello fixo desde abril de 2017.
SEXTO.
Que no caso de que o Concello de Betanzos non resolva esta cuestión,
o Comité de Empresa tomará as medidas oportunas para facer
efectivos os acordos adoptados por ambas as partes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario