A Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos vén de solicitarlle ao Concello de Betanzos que reúna a Mesa Xeral de Negociación para acordar os criterios de reparto de produtividade, un mes e medio despois de que finalizase o prazo de presentación das propostas acordado na Mesa Xeral do pasado mes de novembro.
Hai que lembrar que a CIG solicitoulle ao Concello que se reunise a Mesa de Negociación con este obxecto logo de saber que o Concello outorgou un complemento de produtividade por seis meses comprometendo parte da partida orzamentaria da produtividade dos anos 2018 e 2019 cunha soa persoa e sen que a Mesa de Negociación decidise os criterios de reparto, tal e como recolle a lexislación correspondente.
Esta solicitude fíxose o 10 de outubro e o Concello de Betanzos convocou a Mesa o pasado 12 de novembro con este e outros temas e acordou un prazo de achega de propostas por parte dos distintos sindicatos ata o pasado 15 de decembro. O 10 de decembro a CIG rexistrou telematicamente a súa proposta e desde hai un mes e medio non tivo noticias sobre a cuestión nin ningunha convocatoria ao respecto, de aí que decidise solicitar unha nova reunión para a solución deste tema.
Así mesmo, e logo de que a CIG solicitase a información sobre o decreto de asignación dun complemento da produtividade sen negociación previa dos criterios de asignación, o 10 de decembro o Concello achegoulle o documento aos delegados sindicais onde consta que a alcaldesa, María Barral Varela, lle outorgou un complemento de produtividade a unha persoa traballadora deste Concello por asignación temporal de funcións administrativas durante seis meses por un valor do 30% das retribucións totais do posto de Técnico de Administración xeral da Relación de Postos de Traballo que non se aprobou, con complemento específico de 7230,60 euros ao ano, segundo os criterios de valoración da RPT que estaban negociados por volta de agosto de 2018 (e que na actualidade xa mudaron).

Hai que lembrar que a CIG foi o único sindicato que solicitou na Mesa Xeral de Negociación do Concello de Betanzos a anulación do devandito decreto, toda vez que infrinxía o principio de negociación da partida orzamentaria correspondente ao complemento de produtividade, tal e como indica o Real decreto 861/86 que di que os criterios para determinar as
cantidades para aboar en concepto de produtividade deben ser
negociados cos representantes dos traballadores e aprobados, con
posterioridade, polo Pleno da corporación.
Agora, á espera da Mesa Xeral de Negociación para a adopción destes criterios, non podemos obviar que o goberno municipal xa comprometeu o 12% da partida do complemento de produtidade do ano 2019 para un só complemento de produtividade asignado a unha persoa e sen uns criterios negociados, e que no ano 2018 o 24% do complemento de produtividade foi asignado do mesmo xeito, sen que o restante 76% se puidese asignar pola falta de dilixencia na aprobación dun acordo que regule esta partida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario