O potencial das tecnoloxías dixitais
está a transformar o lugar de traballo. No novo folleto da Axencia
Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo ponse de relevo de
que modo podemos minimizar as posibles consecuencias negativas da
dixitalización sobre a SST e como podemos empregar as tecnoloxías
dixitais para mellorar a prevención no lugar de traballo.
Para máis información sobre as
repercusións da dixitalización na SST, podes consultar o
folleto “Dixitalización e seguridade e saúde no traballo” ,
(en inglés), que resume os traballos da EU-OSHA sobre
dixitalización e seguridade e saúde no traballo (SST), incluído un
proxecto de prospectiva, unha importante visión de conxunto
sobre a seguridade e saúde no traballo e a campaña «Traballos
saudables» e explora o potencial que ofrece a dixitalización e como
está a configurar a vida laboral e a seguridade e a saúde dos
traballadores/as. Tamén considera os retos para a SST e como
poden abordarse para maximizar as oportunidades das tecnoloxías
dixitais, entre outras cousas para mellorar as condicións de
traballo.
O programa de investigación da
EU-OSHA pretende achegar aos responsables das políticas, os
investigadores e os lugares de traballo información fiable sobre os
potenciais impactos para a SST, de forma que poidan tomar
medidas oportunas e eficaces para garantir a saúde e seguridade dos
traballadores/as.
No Resumo “Estudo prospectivo sobre os riscos novos e emerxentes para a seguridade e asaúde no traballo asociados á dixitalización en 2025” preséntanse
as últimas conclusións dun proxecto prospectivo sobre a evolución
das tecnoloxías dixitais e os cambios resultantes sobre onde, cando
e de que forma realizarase o traballo. O impacto potencial destes
cambios na saúde e seguridade no traballo (SST) ata 2025 analizouse
mediante o desenvolvemento de catro escenarios; cada escenario
presenta distintos retos e oportunidades para a SST. A investigación
axudará aos lectores a comprender mellor como a dixitalización
podería afectar a seguridade e a saúde dos traballadores/as na
Unión Europea e desenvolver estratexias máis resistentes a estes
cambios no traballo e a SST.
Para máis información podes acceder
á:
Ligazón ao informe «The changing nature of work and skills in the dixital age» («A natureza cambiante do
traballo e as competencias na era dixital») publicado polo servizo
de ciencia e coñecemento da Comisión Europea.
Fonte: EU-OSHA
Ningún comentario:
Publicar un comentario