O
Concello escusouse pola exclusión do Comité dos
procesos selectivos dos últimos meses e informou de que a súa
vontade é que isto non volva acontecer. Certamente alegrámonos
de que así sexa mais non obviamos que as escusas que se nos
presentan para xustificar o acontecido nos procesos en curso nos
últimos meses parécennos insatisfactorias e pouco
convincentes.
Dende
o Concello achegóusenos unha sentenza que non é do
Tribunal Supremo, máximo responsable da interpretación
da xurisprudencia no Estado, e pretendéusenos enganar ao nos
dicir que en base a esta tiñan que excluír a representación do
Comité dos tribunais dos procesos selectivos. Obviamente esta
é unha interpretación tendenciosa do que é a
xurisprudencia, posto que esta é a interpretación da
lei que de modo reiterado establece o Tribunal Supremo, e non nunha
soa ocasión un tribunal menor, para alén de que o texto
conta con varias incorreccións ao falar de representantes
sindicais nomeados polos sindicatos cando quen realmente nomea os
tribunais dos procesos selectivos é a Alcaldía ou o
concelleiro correspondente e, estaba, pois, na man do Concello
cumprir a lei e contar cun representante proposto polo Comité.
Ningún comentario:
Publicar un comentario