Nos
últimos tempos asistimos a unha sucesión de reformas
laborais na contra da clase traballadora. Estas reformas realizadas coa
connivencia e os acordos do Goberno cos sindicatos UGT e CCOO, non
fan máis que afondar nos problemas dos traballadores e
traballadoras e nomeadamente o persoal ao servizo das administracións
públicas que está a ser atacado cruentamente pola opinión
pública.
A
reforma das pensións, a reforma laboral e a da negociación
colectiva redundan nas políticas estatais dos últimos
tempos enfocadas aos recortes sociais e á destrución do
emprego. As medidas laborais aprobadas no Consello de Ministros do
pasado mes de agosto supoñen un duro golpe para o fomento da
estabilidade no emprego e pretenden facilitar o despedimento. A
posibilidade de indefinición contractual que terían
moitos compañeiros e compañeiras nesta mesma
Administración ficou coutada por esta reforma que elimina
“temporalmente” os dous artigos do Estatuto do Empregado Público
que recollían esa posibilidade.
É
por iso que dende a CIG vos animamos a que se tendes calquera
problema laboral, non agardedes a facer as reclamacións
pertinentes porque nos últimos tempos estamos a vivir un
declive imparable dos nosos dereitos laborais como traballadores e
cómpre que os exerzades mentres está na vosas mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario