Xa
o dixemos nada máis chegar, dende a CIG defendemos a
igualdade de dereitos de todos os traballadores e traballadoras
independentemente da súa relación contractual, tal e
como indica o artigo 15.6 da Lei do Estatuto dos traballadores.
Neste
Concello, reiteradamente se lle negan dereitos a traballadores e
traballadoras en función ás veces dun convenio obsoleto
e á marxe da lei, e outras en función do capricho de
quen ten a potestade das decisións. A que nos estamos a
referir con isto? Todos e todas ben sabemos que moitas veces o
dereito a días de asuntos propios se lle ten negado a
compañeiros e compañeiras sen un criterio definido,
segundo quen os pida aplícase o convenio ou non, segundo a que
servizo pertenzas tes dereito ou non, seica segundo o Concello quen
non está na RPT non ten dereito, mais sabemos que á
hora da verdade a concesión ou non deste dereito aplícase
irregularmente segundo criterios claramente discriminatorios.
Desta
situación é ben sabedor o goberno municipal ao que
acudimos en varias ocasións para lle relatar polo miúdo
os casos, certo é que disque hai vontade de amañalo
mais, entretanto, denunciamos publicamente que hai
moitos compañeiros e compañeiras que son discriminadas
e se lle negan este e outros moitos dereitos en función duns
criterios claramente variables e de moi dubidosa legalidade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario