17/12/12

O Comité solicita unha vez máis que se retome a negociación do convenio de novo


Logo de que o Concello de Betanzos leve cinco meses sen convocar a Comisión Negociadora do Convenio colectivo do persoal laboral e que, por tanto, a negociación estea paralizada, o Comité de Empresa acordou na súa reunión ordinaria do mes de novembro instar ao Concello a que retomase a negociación e así o fixo a finais do pasado mes, a día de hoxe, seguimos sen resposta. 

O Comité, pois, solicitou por rexistro que se retome a negociación do convenio coa máxima brevidade posible logo de que a Comisión Negociadora leve dende o pasado mes de xuño sen reunirse e informou ao Concello de que mantén a proposta de Convenio presentada inicialmente polo Comité aínda que tendo en conta as posibles modificacións que esta pode sufrir ao abeiro das mudanzas lexislativas dos últimos meses e entendendo que as últimas propostas de modificación deste texto achegadas polo Concello débense negociar, como procede, na Comisión negociadora do convenio colectivo.

O certo é que coas últimas reformas lexislativas haberá que adaptar a proposta dos traballadores mais isto non é máis que froito do desdeixamento dun Concello que leva un ano adiando a negociación do convenio, denunciado xa o ano pasado e que podía estar xa máis que negociado, acordado e aprobado se houbese vontade para facelo, como sempre, parece que isto é o que falla neste Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario