21/12/12

Paga extra e aplicación do Decreto 20/2012


Dende o pasado 15 de outubro, a través dunha instrución do Ministerio de Facenda, foi de coñecemento público que as Administracións locais tiñan unha ferramenta de aplicación deste decreto que dilucidaba o seu alcalce e botaba luz os límites do roubo da paga extra. O Concello de Betanzos en varias reunións cos representantes dos traballadores asegurou que neste Concello a aplicación do Decreto ía supor que practicamente ningún traballador tería a devandita paga mais finalmente tívose que desdicir posto se viu na obriga de lle pagar toda ou unha parte da paga a algo máis de vinte traballadores.

O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitou unha reunión co concelleiro de Persoal para aclarar este e outros temas e rexistrou varios escritos para recompilar información aos que o Concello deu a calada por resposta ocultando unha vez máis datos que en realidade deberían ser de coñecemento público, principalmente porque amosan a miseria dos salarios do persoal laboral deste Concello, que non chega aos 13469 euros brutos anuais que marcaba a instrución de Facenda, é dicir, o cómputo anual de 1,5 veces o salario mínimo. Dende o momento que o decreto viu a luz en todas as administracións falouse de que practicamente era inexistente o persoal ao que non lle roubarían a paga extra mais o persoal laboral do Concello de Betanzos do grupo 5, mais tamén mesmo algún do grupo 4 e 3 resulta unha triste excepción debido aos baixísimos salarios dos laborais que demostran unha vez máis, as graves discriminacións perpetuadas ao longo de anos entre laborais e funcionarios neste Concello.

Igualmente logo de que o Comité de Empresa e varios compañeiros e compañeiras solicitasen por escrito a regularización do IRPF que se debería ter aplicado dende o momento que se publicou o decreto 20/2012 o Concello regularizou o IRPF na nómina do mes de novembro o que provocou as pertinentes consecuencias na nómina e que, nun principio, debería tamén aplicarse na nómina do mes de decembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario