Derivados das políticas de desmantelamento e amortización de postos de traballo que está a aplicar a Xunta en todos os departamentos
A
CIG-Administración da Coruña vén de denunciar en rolda de prensa
as consecuencias que están as ter as políticas privatizadoras e de
amortización da Xunta do PP, que suporán a perda de emprego público
e a desaparición de moitos servizos públicos na comarca. Unha
política de desmantelamento da administración, explicou a
Secretaria Nacional da Federación da CIG, Maricarme López
Santamariña, que está comezando a reflectirse mesmo nos datos da
EPA, pois xa recolle un acelerado ritmo de destrución de emprego de
carácter público.
Así,
denunciouse que o Goberno do PP pretende unha reorganización da
administración galega na que desaparecerán un elevado número de
postos de traballo e servizos públicos, nun proceso no que a
cidadanía “acabará pagando dúas e tres veces por uns servizos
encarecidos, de peor calidade e que, dende logo, non serán
públicos”.
Como
exemplo destas políticas, López Santamariña expuxo os casos do
Complexo Xuvenil das Mariñas (dependente da Consellaría de Traballo
e Benestar), do laboratorio de saúde pública (da Consellaría de
Sanidade), o CIAM (da Consellaría de Medio Rural) ou dos centros de
ensino.
Recortes
en todos os departamentos
A
respecto do Complexo Xuvenil das Mariñas, onde os traballadores/as
se están a mobilizar dende hai semanas, a Consellaría de Traballo e
Benestar vai amortizar 11 postos de persoal fixo e confirmou que só
abrirá as instalacións nos meses de xullo e agosto. “Esta medida
significa que, ademais dos 11 postos de traballo e o peche e
externalización do servizo, tamén quedarán afectadas as preto de
200 persoas contratadas para as campañas”, alertou.
A
Xunta tamén acordou eliminar os laboratorios de saúde pública de
Pontevedra, Coruña e Ourense, que controlan os produtos que comemos
e bebemos, e centralizar todo no único laboratorio de Lugo. Esta
manobra deixa nunha situación de incerteza absoluta ás 20 persoas
que traballan no centro herculino, que ademais é a referencia para
toda a provincia. Así mesmo, a desaparición destas instalacións
provocará o encarecemento do servizo “porque haberá que trasladar
todas as probas a Lugo e posibelmente se aplicarán recargos e taxas
para estas análises”.
Outros
dos centros cuxa subsistencia preocupa á Federación da CIG é o
histórico Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Un
centro que nos últimos anos ten sufrido diversos ataques, pois non
compre esquecer que no PXOM de Abegondo xa lle subtraeron preto de
30.000m2 para usos urbanos do concello e dende a chegada do PP á
Xunta a dotación económica para os proxectos de investigación .
Desta
volta o desmantelamento do centro vai pola vía de baleiralo de
persoal. Se comparamos o anexo de persoal da Lei de Orzamentos de
2012 coa de 2013, compróbase que se produce un recorte do 36% nos
postos de persoal investigador. No caso dos postos nos que se require
o título de doutor a redución aínda é meirande, chegando até o
44%, pasando de 16 a 9 postos dotados orzamentariamente. Isto
significa que se pasa de 22 a só 14 postos dotados. Do mesmo xeito,
se o centro queda sen actividade tampouco terán bo futuro os
traballadores/as eventuais contratados/as para asistencia dos
proxectos.
A
este respecto, subliñouse que o tipo de investigación que se
realiza no CIAM non se vai abordar desde a esfera privada, porque non
crea un espazo de negocio, xa que non xeran patentes farmacéuticas,
por exemplo. Porén, si que persegue o interese xeral.
"Estanse
vendendo os servizos públicos"
No
referido á Educación, López Santamariña lembrou que xa hai tempo
que a Xunta comezou a desmantelar os comedores dos colexios públicos
coa amortización de prazas de persoal de cociña e a conseguinte
externalización dos servizos mediante a contratación de cáterings.
Agora, a Consellaría vén de pór enriba da mesa tamén a supresión
de postos de carácter administrativo (persoal de apoio á dirección,
subalternos e administrativos).
Neste
senso, Eduardo Freire, da Sección Sindical da CIG, apuntou tamén á
desaparición dos orientadores laborais das oficinas de emprego, e
denunciou a hipocrisía do Goberno galego que anuncia a apertura das
listas de contratación, ao mesmo tempo que amortiza postos de
interinos e eventuais e asegura que non haberá contratacións.
“Alguén se aproveitará disto”, matizou, mentres lembraba que
para anotarse nas listas de substitucións da Xunta hai que pagar
unha taxa.
Ante
esta panorama desolador, a CIG esixe da Xunta que paralice de
inmediato este desmantelamento das administracións e o emprego
público, aplicado baixo a escusa dun aforro irreal. “A realidade é
que se están vendendo os servizos públicos ao mellor ofertante e
hai determinadas empresas -que todos/as coñecemos- que están
levando unha boa tallada. Ao final o resultado é que se deterioran
os servizos públicos, se encarece a súa prestación e se destrúen
centos de postos de traballo”, alertou López Santamariña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario