A
central celebrou asembleas de delegados/as e desenvolveu protestas
nas sedes do INSS nas 7 cidades
A
CIG vén de poñer en marcha unha campaña de información e
mobilizacións contra as últimas reformas lexislativas impulsadas
polo Goberno de Rajoy, en concreto a da Lei de Mutuas, a fiscal e a
Lei de Seguridade Cidadá. Centos de delegados/as da central
nacionalista participaron hoxe nas asembleas convocadas nas sete
cidades e nas posteriores concentracións diante das delegacións do
Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
O
secretario xeral da CIG, Suso Seixo, foi o encargado de pechar a
asemblea de delegados/as de Ourense e centrou a súa intervención no
actual contexto social e político e na Lei de Seguridade Cidadá que
impulsa o PP. Con respecto aodiálogo
social emprendido por CCOO e UGT co
Goberno e coa gran patronal española, asegurou que supón por parte
destes sindicatos avalar as políticas antisociais destes últimos
anos e unha renuncia clara a dar a batalla por un cambio de modelo
económico e por unhas medidas sociais, laborais e económicas
alternativas.
Neste
senso, lembrou que no acordo asinado non se recolle ningunha proposta
concreta significativa para garantir o crecemento económico e a
creación de emprego, “mais si implica unha aceptación e un
entreguismo de CCOO e UGT a toda a política que o PP vén aplicando
con dureza e unha renuncia explícita a reclamar os dereitos
usurpados á clase traballadora”.
No
referente á Lei de Seguridade Cidadá, incidiu en que con esta
reforma o Partido Popular pretende reprimir a mobilización social,
limitar o exercicio de dereitos fundamentais como o de manifestación
e eliminar as garantías xudiciais, favorecendo a discrecionalidade
nas sancións.
Seixo
aseverou que o PP tenta perseguir e atallar pola vía da sanción
toda resposta ás políticas tan antisociais que está a aplicar,
posto que a nova lei permitirá actuar de forma inmediata,
contundente e discrecional contra a conflitividade social e
substituír a infracción penal pola administrativa, á marxe das
garantías xurisdicionais.
Lei
de Mutuas
En
canto á Lei de Mutuas, nas asembleas de delegados/as advertiuse que
o seu principal obxectivo é que sexan estas entidades patronais as
que cada vez teñan máis peso no control das incapacidades temporais
por enfermidade común. Un control que realizarán primando a
perspectiva económica fronte
a criterios estritamente médicos.
Neste
contexto, rexeitouse que mesmo se pretende transmitir a idea de que
cando un traballador/a cae de baixa “está cometendo unha fraude á
Seguridade Social”, polo que xa adiantou que dende a central
nacionalista se dará resposta a cada unha das altas que considere
dadas de forma “indebida”.
No
que ten que ver coa reforma fiscal, as intervencións nas asembleas
centráronse en que vai encamiñada novamente a rebaixar os impostos
para as rendas máis altas. “Dun lado rompe
o carácter máis progresivo da
política fiscal na medida en que reduce os tramos da renda de 7 a 5;
e tamén se reducen os tipos aplicados a cada tramo, especialmente
para as rendas máis altas ao baixar do 52% ao 45%”, segundo se
aclarou.
Un
estudo elaborado polos técnicos de Facenda establece que os
contribuíntes con ingresos arredor dos 30.000 euros son quen menos
van ver reducida a cota, mentres que as persoas máis beneficiadas
serán as que perciban máis de 400.000 euros.
Ademais,
modifícase unha das principais reducións do IRPF, a redución por
rendementos do traballo, que se eleva para as rendas inferiores a
14.500 euros, mais redúcese considerabelmente para as rendas
superiores a 14.500 euros perdendo a oportunidade de introducir
tramos en función da renda. Reducir menos a quen máis ingresa, e
non igual para todos a partir desa cantidade, sería fundamental para
equilibrar a progresividade do imposto, xa que se aplica directamente
á base impoñíbel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario