A CIG critica o formato da Mesa Xeral de Administracións Públicas do Estado e reclama unha verdadeira negociación
A
Área Pública da CIG (federacións de Ensino, Saúde e
Administración) denuncia que a partida de persoal dos Orzamentos
para 2015 recollerá unha nova conxelación salarial para os
empregados/as públicos/as e a recuperación de unicamente a cuarta
parte das paga extra perdida en 2012. Dende a central nacionalista
criticaron o formato da Mesa Xeral de Administracións Públicas do
Estado que se vén de celebrar esta tarde e reclaman a apertura dunha
“verdadeira negociación”.
A
coordinadora da Área Pública, María Carme López Santamariña,
iniciou a súa intervención na xuntanza criticando as formas coas
que foron convocadas as organizacións sindicais (ás que non se lles
entregou ningún tipo de documentación) e o feito de que “nos
tivésemos que enteirar pola prensa dos asuntos que se ían tratar”.
Neste senso, considera que se trata máis dunha mesa de comunicación
que de negociación e reclama a apertura dun verdadeiro diálogo.
En
canto ao contido da reunión, Santamariña indicou que se confirmou
que haberá unha nova conxelación salarial para os empregados/as
públicos/as en 2015, ao tempo que “anunciaron que a Administración
Xeral do Estado devolverá nas nóminas de xaneiro do ano que vén
unicamente a cuarta parte da paga extra retirada en 2012”. As
Administracións autonómicas, pola súa banda, terán liberdade para
reintegrar esta cantidade no prazo que estimen oportuno, “aínda
que Feijóo anunciou hoxe mesmo, antes incluso do remate da Mesa
Xeral, que estuda devolver estes cartos”.
O
coordinadora da Área Pública da CIG lembra que esta cantidade é
inferior á que terían que abonar segundo establecen as numerosas
sentenzas xudiciais. “Ademais trátase dunha medida discriminatoria
porque algunhas Administracións, especialmente as locais, xa
abonaron a extra completa cando chegaron as sentenzas xudiciais”,
sostén.
Isto
está a agrandar aínda máis as diferenzas salariais entre os
empregados/as públicos/as xa que nalgúns lugares, como no caso de
Galiza, ademais da eliminación da extra de 2012 a Xunta aplicou unha
redución do 40% das extras de xuño e decembro do ano 2013.
En
canto á taxa de reposición de baixas e xubilacións, Santamariña
reiterou que debe de ser do 100% e apostou ademais por recuperar
postos estruturais. “Mais o que anunciaron foi que a taxa de
reposición nos servizos básicos (educación, sanidade, xustiza...)
pasa do 10 ao 20%”, comenta. Finalmente, rexeitou a política de
feitos consumados que está a aplicar a Administración e reclamou
apertura dunha verdadeira negociación.
“Teñen
que devolver a paga extra de 2012 integramente e recuperar as que
foron eliminadas, ademais de repoñer as condicións laborais dun
cadro de persoal que perdeu un 30% de poder adquisitivo”, demanda.
Engadiu
tamén a esixencia de que se recuperen os acordos que foron
conxelados polo PP no ano 2009. Lembrou que tras da toma de posesión
de Núñez Feijóo como presidente da Xunta unha das primeiras
medidas adoptadas foi a conxelación dos acordos acadados entre a
Administración e as organizacións sindicais. “Isto fíxose antes
de se aprobar a Lei 1/2012 de medidas temporais polas que se
suprimiron moitos dos nosos dereitos laborais e salariais que agora
teñen que ser repostos, xa que eles mesmos dixeron que o farían en
canto mellorara a situación económica e están repetindo todos os
días que estamos na senda do crecemento”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario