Accidente
laboral
O
Xulgado do o Penal número 6 de Alcalá de Henares ten condenado ao
xefe de obra da empresa contratista e ao encargado da empresa
subcontratada como responsables de comisión dun delito contra os
dereitos dos traballadores e lesións por imprudencia grave ao
pagamento dunha indemnización de case 800.000 euros e a penas de
prisión de 4 meses e medio no primeiro caso e de 3 meses no segundo.
No
ano 2005 a empresa contratista promovía e construía trinta e dúas
vivendas unifamiliares pareadas. Para a execución das obras das
cubertas das vivendas subcontratou a outra empresa que, para a
realización de traballos de execución nas cubertas, tiña dous
traballadores.
A
realización dos traballos supoñía para os traballadores un grave
risco de caída en altura, a pesar do cal non se adoptaron as medidas
oportunas para que, en cumprimento das disposicións do plan de
seguridade da obra, fose posta unha rede ou varanda e para que a
estada perimetral de protección se encontrase completa, existíendo
ocos que permitían a caída dos traballadores.
Tampouco
se adoptaron medidas para o emprego de equipos de protección
individual por parte dos traballadores co fin de evitar o risco de
caída en altura. Nun momento no que os traballadores se encontraban
colocando chapas a uns 6 metros de altura un deles caeu ao baleiro.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario