PSICOSOCIAL
A
depresión é a principal causa de minusvalidez no mundo, afectando a
máis de 350 millóns de persoas. Ademais dos síntomas máis
coñecidos, como o baixo estado de ánimo, a depresión ten outros
síntomas que afectan ás capacidades da persoa que a sofre: falta de
concentración, indecisión ou problemas de memoria.
A
Federación Mundial da Saúde Mental (World Federation for Mental
Health -WFMH-) publicou un informe denominado Depresión no ámbito
laboral (Depression
in the workplace),
no que se referencia o impacto que ten a depresión no rendemento
laboral e a falta de recursos que teñen as empresas para manexar e
axudar aos empregados con problemas de saúde mental.
Segundo
a Organización Mundial da Saúde (OMS) a depresión ten unha carga
superior a outros trastornos psiquiátricos como o trastorno bipolar
ou a esquizofrenia, e maior que enfermidades como o cancro. Ademais
dos importantes custos socioeconómicos: en 2010 o custo estimado
deste trastorno foi duns 92.000 millóns de euros só en Europa, dos
cales aproximadamente o 59% foron custos indirectos, como por exemplo
o absentismo laboral.
Aínda
que a conciencia do problema da depresión mellorou, o estigma
asociado con este trastorno permanece. Un estudo paneuropeo feito
pola Asociación Europea de Depresión (EDA) no que se valora o
impacto da depresión no lugar de traballo, indicou que só un terzo
dos traballadores/as diagnosticados de depresión en Europa, lle
comentou este feito a alguén do traballo. Entre as razóns para
gardar silencio os participantes no estudo indicaron o estigma e o
medo a poñer o seu traballo en risco. Un terzo dos directores de
empresas europeas, indica en relación a este transtorno que non
contan con apoio formal, nin recursos para tratar estes casos.
Segundo
o informe, hai unha serie de accións que os políticos, empresarios
ou profesionais da saúde poden poñer en marcha. Estas accións
deben incluír a prevención e detección temperá, e o acceso a un
tratamento eficaz.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario