PSICOSOCIAL
Cada vez máis empresas
aumentan o control empresarial sobre os dereitos dos traballadores:
controlar o correo electrónico e WhatsApp, regular o uso do móbil
persoal ou de empresa dos traballadores, examinar os tuits ou o uso
das redes sociais son algúns dos novos retos aos que se enfronta a
organización empresarial do século XXI e, de paso, os propios
traballadores.
Pere Vidal, profesor
colaborador dos Estudos de Dereito e Ciencia Política da UOC e
avogado laboralista, afirma que todo se basea na premisa de se a
empresa dispón de normativas explícitas para controlar o uso dos
dispositivos (correo, móbil e computador).
Se a resposta é
afirmativa, o dereito á intimidade e ao segredo das
comunicacións dos traballadores pódese ver limitado, pero o
empregado será coñecedor diso e enténdese que actuará con
responsabilidade.
Segundo un estudo, o
33 % dos traballadores do Estado (un de cada tres) que coñecen as
restricións da súa compañía afirman desafiar as políticas e
acceder a Facebook regularmente, explica Ana Isabel Jiménez Zarco,
profesora de Economía e Empresa da UOC. A experta afirma que é
imposible erradicar estas prácticas, e propón un cambio de
óptica, tentar que o uso que o traballador fai das redes
sociais no seu posto de traballo non sexa 100 % persoal, é dicir,
que se transforme nun promotor da empresa.
Jiménez Zarco engade que
hai que convertelo nun usuario que xere contido, é dicir,
creador de opinións e influenciador no comportamento de potenciais
consumidores da marca.
Se a empresa non ten unha
política clara ou non advertiu deste control -a día de hoxe o 55%
das empresas non ten políticas de uso de dispositivos nos postos de
traballo-, a posible actividade fiscalizadora que impuxese a
empresa supoñería a vulneración da intimidade dos traballadores e
un delito de revelación de segredos, alerta Vidal.
Segundo Pere Vidal, si,
pero sempre que haxa un protocolo de uso establecido e o
traballador estea a usar o móbil persoal en horas de traballo. Por
exemplo, o uso de WhatsApp no traballo xa se revela como un futuro
problema, pois, segundo un estudo de The Phone House, esta aplicación
xa é o que máis distrae no traballo: un 32 % dos traballadores
consulta o seu terminal cada 15 minutos.
Segundo o avogado
laboralista, no ámbito estritamente laboral a empresa atoparía
amparo legal para monitorar as conversacións, pero o control do
WhatsApp xera dúbidas en materia de protección de datos de carácter
persoal.
Pódese controlar o uso
do teléfono da empresa ou do correo persoal?: Tamén, porque se
entende que é un medio de traballo máis que o empresario facilita
ao traballador, e, por tanto, a compañía pode controlar o uso que
se fai. De feito, é legal que a empresa controle audios e realice
gravacións aleatorias de conversacións telefónicas sempre que se
advertira aos empregados desta posibilidade.
En canto ao uso do correo
electrónico, o experto puntualiza que se o traballador accede ao
correo persoal desde o lugar de traballo, o empresario poderá
monitorar tanto o correo persoal como o corporativo sempre que se
informou aos traballadores das regras de uso destes medios e sempre
que se acceda desde unha ferramenta propiedade do empresario.
Segundo Pere Vidal, o uso
do ordeador sufriu grandes cambios: antes de 2007 era unha
ferramenta considerada un efecto persoal e íntimo do traballador; do
mesmo xeito que a súa taquilla, era inviolable.
A día de hoxe, afirma
Pere Vidal, quedou definitivamente desterrado deste ámbito,
posto que considerase que esta restrición non resulta aplicable ao
control dos medios informáticos.
Pódese chegar ao
despedimento? : Para Pere Vidal, se non ten unhas regras de uso
claras, non, porque non hai unha normativa interna que o prohiba.
Segundo o profesor de Dereito, a empresa ten que actuar con
coherencia e proporcionalidade en cada caso. O circuíto de aviso ou
sanción tería que ser o seguinte: advírtese ao traballador e, en
caso de persistir, procederase a sancionalo. Se continúa incumprindo
a normativa, a empresa podería consideralo unha indisciplina ou
desobediencia.
Vidal afirma que se o
traballador fai un uso manifestamente ilegal dos dispositivos,
como descargar software ilegal no computador da empresa, a
compañía estaría en facultades de despedir disciplinariamente ao
traballador por considerarse un prexuízo patrimonial.
As TIC empeoran a
produtividade?: Segundo un estudo de Adecco, os traballadores
perden ata 10 horas ao mes con distraccións relacionadas co uso de
redes sociais e apps, o cal se traduce na perda total de 13 días
laborais ao ano.
Tanto Pere Vidal como Ana
Isabel Jiménez Zarco consideran, a pesar dos datos, que as empresas
se teñen que dotar de normativas e políticas de uso das
novas tecnoloxías que recomenden o seu uso responsable, e non de
políticas que proclamen prohibicións absolutas de uso persoal.
Jiménez-Zarco aposta por
políticas de Recursos Humanos que se baseen na confianza no
traballador: flexibilidade, autonomía, asunción de
responsabilidades e recoñecemento da súa responsabilidader.
A experta da UOC conclúe
que non hai que controlar o uso de redes sociais ou WhatsApp,
senón considerar que o traballador, aínda que as utilice, é
consciente das súas responsabilidades e saberá sacalas adiante.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario