Logo do escándalo do despedimento dunha compañeira de limpeza que foi suplida por unha traballadora dunha empresa privada cando podería ter sido readmitida para realizar as funcións de limpeza do aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín, o Concello non foi quen nin de pagarlle a indemnización á que o condenou o xulgado e desde a asesoría xurídica da CIG víronse na obriga de solicitarlle ao xulgado a execución da sentenza para que o Concello pague o adebedado dunha vez por todas.
Non é a primeira vez que cómpre solicitar as execucións de sentenzas para que o Concello cumpra coas súas obrigas mais o certo é que case resulta aínda máis lamentable se temos en conta que este despedimento trouxo como consecuencia a incursión dunha empresa privada na limpeza dun centro público e que o Concello incorreu nun claro agravio discriminatorio tendo en conta as readmisións de anos pasados e mais a non asistencia mesmo, nalgún caso, a xuízos para favorecer a traballadores concretos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario